CLAUSURA DA EXPO. FRANCISCO VARELA POSSE

Logo dun mes desde a súa inauguración, onte clausurábase a exposición dedicada ao fotógrafo Francisco Varela Posse, organizada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo. Ao longo deste mes de outubro, a capela de San Roque acolleu unha mostra das súas fotografías -nas que retrata á Sada dos anos 20 a 50-, varios paneis de información biográfica e unha vitrina con obxectos persoais.

A exposición acompañouse dun nº dos Cadernos de Estudos Locais dedicado a Varela Posse, no que se recollen unhas notas biográficas, un artigo da revista Céltiga sobre el e unha selección de fotografías. Tamén no marco da exposición tivo lugar, o 14 de outubro, a presentación do nº 3 da revista Areal, coa actuación musical de Susana de Lorenzo e Rupert Twine. No mesmo acto, Fina Varela, a filla de Francisco Varela Posse, foi nomeada Socia Honoraria da nosa Asociación. Queremos reiterar o noso agradecemento por ternos facilitado gran parte dos materiais.
Durante estes días -do 4 ao 31 de outubro- visitaron a exposición máis de 1600 persoas, polo que esta Asocicación amósase agradecida e satisfeita cos resultados acadados.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *