A COUZA: CARTA ABERTA A UNHA VICERREITORA QUE RENUNCIOU DESENCANTADA DO SEU CARGO

José Carlos Bermejo Barrera

Querida Eva: dicía o vello Cicerón que lle faltarían os días se quixese
contar ás persoas boas ás que lles
foi mal e ás malas
ás que lles foi ben [De natura deorum,  5], e o vello Cicerón, que viu desaparecer as institucións da república romana e como
pasaban a ser substituídas polo poder persoal, sabía moi ben o que dicía. Tamén afirmaba que
a historia é unha mestra para a vida.
E por esta razón como
profesor, como compañeiro e como
estudoso do mundo
antigo, do mesmo
xeito que ti, querería ofrecerche estas reflexións en voz alta.

Nós, aos que nos chaman “de letras”, quizais debido a que sexamos dos poucos que aínda saben
ler; nós, que
lemos libros vellos
en idiomas raros, podemos aínda
permitirnos
o luxo de contemplar ao mundo co desapaixoamento que nos proporciona a distancia, e observalo cunha mirada á vez tenra e desencantada, pensando quizais
que así tamén
nos poderá ver alguén nun afastado
futuro cando xa non 
esteamos nel.

Contan os nosos
vellos libros que
houbo unha vez un gran imperio, o Imperio de Roma, que morreu contemplando extasiado a súa propia perfección. A partir do século III d.C. o Imperio romano comezou a ser cada vez máis eficaz na súa administración, á vez que se ía descompondo. Creceu o número de funcionarios e incrementouse o control de cada parte
do territorio, de cada persoa
e de cada ben. Aumentou o número das leis,
sistematizáronse e estudáronse. E así
naceu unha corte
imperial, na que ao redor
da figura omnipotente e omnipresente do emperador creáronse cargos con nomes que hoxe en día nos poden parecen pomposos, á vez
que absurdos.

Viviu o emperador rodeado
por xentes co
mo
o “conde os dos sagrados dispendios”, o “prefecto da
sagrada alcoba”, o “conde das cousas
privadas”, o “conde das cousas públicas”, o “secretario das cartas gregas”, ou
“secretario das cartas latinas”. E así todo se gobernou, todo se regulou.
Regulouse o ancho das franxas de púrpura
que algúns podían levar
nas súas togas,
cales habían de ser as súas
teas, quen podía levar unha coroa de ouro, e con cantos rubís ou cantas perlas, xa fose o emperador,
a emperatriz, ou algunha que outra
muller que soubese
ascender na corte,
como a inefable Teodora.

E como a tal señor
tal honra, o emperador
viuse necesitado de profesores, oradores
ou gramáticos que cantasen os seus encomios. Para eles
creáronse algunhas cátedras públicas
co fin de que os seus ocupantes compuxesen panexíricos, é dicir, discursos laudatorios cos que se adoitaba recibir
ao emperador ou ás cada
vez máis numerosas autoridades cando
visitaban unha cidade,
unha rexión ou un palacio.

Crían os panexiristas que sen eles o emperador non podería subsistir. E por iso estaban
seguros de que os seus cantos á bondade do
goberno e ás virtudes de quen o exercía poderían ser o digno tema duns letrados tan cultos como eles,
que eran quen
coas súas palabras de adulación creaban a verdadeira dignidade de quen os nomeaba e mantiña. Un destes gramáticos, orixinario do norte de África e de nome Aurelio Agostiño, chegou un día á corte imperial a Milán co fin de poder obter unha cátedra e facer á vez carreira política, pero quedou moi asombrado cando, ao entrar nunha basílica, viu a un personaxe,
un crego chamado Ambrosio,
que estaba lendo
un libro en silencio. Como nesta época os libros líanse
en voz alta, Agostiño quedou
conmocionado ao observar que se podía ler coa boca
calada, e aos poucos deuse 
conta que debía ler os seus libros en
silencio.

Agostiño deixou
a cidade e foise ao campo
e segundo foi profundando na filosofía e abandonando a oratoria
e as pretensións de medrar na corte, chegou á conclusión de que o poder e
o saber tiñan que ser incompatibles, de que poder político e a ansia polas riquezas eran as caras da mesma moeda, ás que á súa vez adoitaba ir unida a busca desmesurada do pracer sexual.
Pensaba tamén Agostiño que podía existir unha comunidade de persoas na que a procura
da verdade podía ir unida á procura do ben común, na que unhas persoas puidesen traballar
para outras e transmitir o seu legado
de coñecementos e os froitos
das súas obras
a quen lles virían a relevar no mundo. Agostiño morreu no norte de África, cando a súa cidade, Hipona,
estaba
cercada polos vándalos nese imperio
que se consideraba a si mesmo
racional, perfecto e destinado a perdurar
para a eternidade.

Ao imperio romano pasáballe o mesmo que lle pasa á madeira cando
está colonizada polas
termitas. As termitas son uns insectos fotófobos, non lles gusta traballar á luz pública, pero aos poucos van corroendo as madeiras,
as vigas
e as casas por dentro, deixando iso si as superficies impolutas, ata que chega
un día no que todo se derruba, como
o imperio romano,
corroído por todo tipo de tensións económicas,
sociais e militares baixo a súa brillante
aparencia
de púrpura,
ouro e autocompracencia. As termitas teñen
nas súas colonias
a obreiros, ou obreiras, especializados, que segregan
ácidos que lles permiten facer pequenas canles na pedra e poder pasar así dunha casa a outra,
esten
dendo aos poucos o seu dominio.
Nós, como
estudosos do pasado
e como profesores do presente, sabemos o
perigosos que
poden ser os bárbaros cando
se alían cos que
gobernan o mundo
para si, no seu propio
beneficio e contemplándose a si mesmos,
arrobados pola súa propia
perfección. Tamén sabemos
o daniñas que poden ser as termitas, aletargadas polo frío do inverno.

Nós os que
ante todo somos
profesores e non nos avergoñamos diso,
senón ao contrario, coñecemos o valor
da educación, o valor
do coñecemento, e sabemos cal é o noso deber e a quen nos debemos, e tamén
sabemos
a quen non temos
que servir. 

Nós,
os que ante todo somos profesores, sabemos que é posible gobernar ben, se se fai racionalmente, que se
poden facer leis razoables, pero
tamén irracionais, e que o obxectivo do goberno é o logro
do ben común, e non a satisfacción da libido dominandi  dos gobernantes,
como dicía Aurelio Agostiño. E por iso,
como el, sabemos
can
do temos que retirarnos
a esperar que cheguen
os vándalos, ou que as termitas acaben
o seu traballo. Pero iso si, seguiremos
intentando salvar o que aínda poida quedar
do coñecemento nos vellos e nos novos libros,
intentando ensinalo e intentando salvar o que aínda quede das nosas institucións.

No ano 1933, cando en Alemaña xa lles empezaba a ir máis que ben a moitos malos, unha
moza xudía que
realizara a súa
tese doutoral sobre Agostiño abandonou Alemaña para non volver nunca máis.
Ela puido ver
como todas as tradicións culturais e académicas da súa pais quedaron arruinadas e foron prostituídas ao
servizo dunha causa política
demencial, que con todo foi apoiada pola maior parte dos seus compatriotas e aceptada con
entusiasmo pola
inmensa maioría dos profesores, os científicos, os intelectuais e os xuristas da que fora a nación
máis culta de Europa
e a creadora das súas
me
llores tradicións científicas.
Sería máis
adiante esta moza
unha das máis importantes filósofas políticas do
século XX.
Por iso sería
bo acabar esta
carta cunhas palabras
súas, especialmente oportunas neste mo-mento e que deberiamos non esquecer.

Dicía Hannah Arendt:
“A educación é a clave
na que temos
que decidir se amamos o suficientemente ao mundo como para responsabilizarnos del e intentamos salvalo, ou o deixamos arruinarse. E tamén para saber se apostamos pola súa renovación e
admitimos que será inevitable a chegada do xoven e o novo.
Do mesmo xeito é tamén
na educación
onde teremos que decidir se amamos o suficientemente aos nosos fillos para non expulsalos do noso
mundo e deixalos ir á deriva, arrincándolles das súas
mans a oportunidade de facer algo novo, algo que nós non podiamos prever, ou ben os preparamos para a súa misión 
de renovar o noso mundo común”.
A educación
superior foi, e debería seguir séndoo, a misión fundamental da universidade,
acosada agora polos
vándalos, como o estivo no seu
tempo o Imperio
Romano, e, como
o resto da nosa
sociedade, tamén carcomida polas ter
mitas.
        
1. Hannah Arendt: Between Past and Future,  Penguin Books, New York, 1968, p. 196.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará