PRESENTACIÓN Nº 20 DA REVISTA AREAL


Despois de meses sen actos presenciais, traballando de xeito telemático para que a nosa actividade non esmorecese, a A. C. Irmáns Suárez Picallo regresamos!

O vindeiro venres 17 ás 20.00 presentaremos o novo nº da nosa revista AREAL. Non é un nº calquera, é o 20. Despois de case 10 anos de traxectoria, decidimos renovar Areal con novos formatos, nova estética e novos contidos.
Unha das novas seccións correrá a cargo dunha das persoas que máis e mellor ten traballado nos últimos anos por dinamizar culturalmente o noso pobo, Sergio Modia. Tamén na nosa web, www.areal.gal, existe unha sección que alberga gravacións sonoras históricas do seu arquivo. No acto do venres teremos o pracer de escoitar, no formato orixinal, algunha desas gravacións centenarias coas que Modia nos deleitará.

O acto celebrarase en condicións excepcionais motivadas pola situación sanitaria. O aforo restrinxirase para asegurar a distancia física e desinfectarase o auditorio. Pregamos ás persoas asistentes que traian máscara.
Agardámosvos neste regreso!


Partillar