EXPOSICIÓNS


Con motivo do Ano Isacc Díaz Pardo (2020) establecido para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo programou unha serie de actividades e publicacións. Entre elas unha exposición sobre a vida e obra deste polifacético artista.

Desde aquí podes acceder á exposición completa en diferentes formatos.

O 24 de xullo de 2002 falecía en Buenos Aires o sadense Ricardo Flores. Agora que se cumpren dez anos, a A.C. Irmáns Suárez Picallo quere, coa presente exposición, trazar un percorrido polas diversas facetas dun home poliédrico que desempeñou un importante papel entre a colectividade dos galegos emigrados. 

Os materiais que compoñen esta mostra foron facilitados por Marichelo Flórez e Andrés Yáñez, Luis Pérez, José Mª Monterroso, Marcela Castillo, Hernán Díaz, Carmen Moreno, Antón Santamarina, Miguel Gayoso, Pilar Jeremías e Xosé Martínez-Romero. 


Formaron parte da exposición 50 fotografías de Francisco Varela Posse. A todas elas podese acceder desde as seguintes ligazóns:

Con motivo da celebración da Feira Modernista de Sada no ano 2014, a AC Irmáns Suárez Picallo organizou unha exposición sobre a arquitectura modernista en Sada. A exposición estivo exposta na rúa Linares Rivas.




O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo. Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse A comisión encargada de organizar unha serie de actos, que despois convertiriase na Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo


Partillar