Transparencia, información e bo goberno da AC Irmáns Suárez Picallo
Nos Estatutos da AC Irmáns Suárez Picallo figura que “as persoas directivas da Asociación deberán facer pública mediante a plataforma tecnolóxica, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou presupostaria”. Neste apartado podés acceder a esta información:
Exercizo 2019. AC Irmáns Suárez Picallo
– Liquidación exercizo. Balance económico.
Exercizo 2020. AC Irmáns Suárez Picallo
– Liquidación exercizo. Balance económico.
Exercizo 2021. AC Irmáns Suárez Picallo
Documentos
Estatutos da AC Irmáns Suárez Picallo
Fins principais da Asociación:
– a) A recuperación histórica de sadenses ilustres, que por seren vítimas da represión franquista, as súas vidas, os seu pensamento e as súas obras son escasamente coñecidas, mesmo na terra onde naceron e, en moitos casos, onde viviron. O noso punto de partida serán os irmáns Juan Antonio e Ramón Suárez Picallo.
– Promover o seu recoñecemento social e político na sociedade actual.
– A investigación da historia de sadenses ilustres, a recompilación da súa obra e a súa difusión.
– A creación de pontes de comunicación e intercambio cultural con aquelas persoas, institucións e asociacións dentro de Galiza e nas comunidades galegas do exterior, con fins similares.
– A produción, difusión e distribución de bens, servizos e produtos culturais propios, se fose necesario.
– A xestión e conservación do fondo de arquivos, que subsidiariamente se apoiarán no Arquivo do Reino de Galiza, Biblioteca Pública Municipal “Ramón Suárez Picallo” de Sada e noutras entidades.