A IMAXE COMENTADA

Interior do Salón Moderno (1956) Baixo varias denominacións e con diferentes funcións (salón de baile, teatro e cine, sala de festas, discotea…), o edificio nº 4-6 da rúa Linares Rivas ten sido, desde a súa apertura no 1915, un dos lugares máis emblemáticos da vila de Sada ao longo do século XX. Asemade, acolleu no seu 1º piso as dependencias do…

Ler máis

UN ARTIGO DA PARDO BAZÁN SOBRE O POTENCIAL TURÍSTICO DAS MARIÑAS

Emilia Pardo Bazán (1851-1821) pasou en Meirás gran parte da súa vida, nun tempo en que concellos como Oleiros, Culleredo, Bergondo ou Sada despuntaban como destino estival dunha nobreza que se asentara na Coruña e da nacente burguesía. No artigo que reproducimos a continuación, publicado orixinalmente en El Imparcial (07/08/1894), Pardo Bazán describe as virtudes…

Ler máis

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López No último semestre a nosa asociación mantivo unha grande actividade, desde o primeiro acto do día 14 de outubro cando lembramos o cabodano da morte e a traida dos restos de Ramón Suárez Picallo ata hoxe que cerramos a edición deste nº 2 da revista AREAL. O acto no cemiterio de Fiunchedo consistiu nunha ofrenda floral e a…

Ler máis

MEMORIA DE ACTIVIDADES

Marisa Naveiro López Durante o ano 2010 a asociación continua realizando diversos actos e actividades en torno á cultura local.  Marisa Naveiro e Rexina Basadre, dúas integrantes da asociación, visitan Bos Aires, sendo recibidas no Centro Galego, na Federación de Sociedades Gallegas e no Centro Sada y sus Contornos, que demostra unha vez máis a súa hospitalidade….

Ler máis

NOVAS DOUTRO TEMPO

HAI 100 ANOS Los mítines de ayer. Juventud Católica de Coruña La Juventud Católica Coruñesa ha intentado celebrar un mitin de protesta contra la política del Sr. Canalejas en el vecino pueblo de Sada. Los vecinos de esta localidad han recibido con tal hostilidad a los expedicionarios que éstos, disgustadísimos, han vuelto a la Coruña, protestando…

Ler máis

A IMAXE COMENTADA

“Pescadores en el lanzamiento del aparejo llamado Boliche en la playa de Morazón” Autor: Francisco Varela Posse (El Eco de Galicia, La Habana, 10/06/1930) Traemos a este primeiro número unha fotografía de evidente interese histórico e etnográfico, que compensa a súa baixa calidade, dado que foi extraída da prensa da época. Da imaxe interésannos, fundamentalmente, dous aspectos: a paisaxe…

Ler máis

UN ARTIGO DE RAMÓN SUÁREZ PICALLO SOBRE AS FROITAS DAS MARIÑAS

Reproducimos aquí un interesante artigo de Ramón Suárez Picallo (1894-1964) no que o xornalista, escritor e político galeguista sadense evoca, cunha linguaxe empírica, diversos tipos de froita característicos das Mariñas. Cando o escrebe, no Buenos Aires do ano 60, xa na súa vellez, faino desde a distancia infranqueable do exilio, recuperando recordos e sensacións da…

Ler máis

Editorial da Redacción

Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo       14 de outubro de 2010 nº 1 – Sada Hoxe nace AREAL, revista cultural de Sada, que publica a A. C. Irmáns Suárez Picallo. Comeza unha ilusionante aventura semestral, coa pretensión de achegar aos veciños o coñecemento das realidades máis inmediatas e o legado dos que nos precederon…

Ler máis