INAUGURADA EN SADA A EXPOSICIÓN “ESPAZOS REPUBLICANOS”

O pasado xoves 5 de marzo quedou inaugurada a exposición “Espazos Republicanos”. No acto de presentación desta exposición, celebrouse unha charla-coloquio na Capela de San Roque que contou coas intervencións do Presidente da AC Irmáns Súarez Picallo Francisco A. Pita Fernández, o historiador Manuel Pérez Lorenzo, o secretario da CRMH da Coruña Manolo Pazos e…

Ler máis

ASOCIACIONISMO CULTURAL E RECREATIVO EN SADA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX (V)

Manuel Pérez Lorenzo Vista da Praza de San Roque. Na segunda casa pola dereita estaba emprazado o local do Ateneo de Cultura Política y Social.    Memoria de Sada O ATENEO DE CULTURA POLÍTICA Y SOCIAL, UN ESPAZO DE CONVERXENCIA DA ESQUERDA Na Sada de 1935, a oferta cultural e recreativa, encabezada pola Sociedad Artística Sadense, era ampla e…

Ler máis

ASOCIACIONISMO CULTURAL E RECREATIVO EN SADA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX (IV)

Manuel Pérez Lorenzo Baile de Entroido organizado pola Artística na Terraza en 1935.  Cedida por Memoria de Sada NOVOS PROXECTOS NUN TEMPO NOVO A chegada da República, do cambio tantas décadas agardado polos sectores que foran marxinados do poder, supuña a oportunidade de trasladar á praxe tantos proxectos adiados. Era o tempo da acción política, desde…

Ler máis

O QUE LIMOS

Historias de neofalantes. A aventura de vivermos en galego Manuel B. Dans Eira Vella, 2017 Páxinas: 98 ISBN: 978-84-697-8812-7 Da man da Asociación Cultural Eira Vella, de Betanzos, Manuel B. Dans vén de publicar un ensaio de longa xestación e feliz factura. O autor, de Sada, conta cunha ampla traxectoria como activista cultural e ten…

Ler máis

ASOCIACIONISMO CULTURAL E RECREATIVO EN SADA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX (III)

Manuel Pérez Lorenzo Algúns dos dirixentes do Centro Cultural Obrero: José Monzo, Manuel Freire-Calvelo, Elisardo Abruñedo, Francisco F. Vila, José Flórez e Román Balbís. Fotografías de M. Pérez, Memoria de Sada e Marichelo Flórez O CENTRO CULTURAL OBRERO, EMBRIÓN DE POSTERIORES PROXECTOS 1930 é un ano de transición. A ditadura de Primo de Ribera derrúbase e ofrécense…

Ler máis

A OUTRA CARA DE MEIRÁS

Carlos Babío Urkidi  /  Manuel Pérez Lorenzo Ao longo de catro décadas, o pazo de Meirás acollerá os veraneos de Franco co seu séquito. Porén, máis alá dos seus muros, unha outra realidade agochaba toda a crueza e o dramatismo do momento: a realidade cotiá das familias que perderan aos seus vítimas de asasinato, dos fuxidos…

Ler máis

ASOCIACIONISMO CULTURAL E RECREATIVO EN SADA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX (I)

Manuel Pérez Lorenzo Nese primeiro terzo do século XX no que o Estado español transitou por réximes políticos diversos (a monarquía parlamentaria, a ditadura de Primo de Rivera e a II República), e que concluíu de forma abrupta coa sublevación militar de 1936, a sociedade tamén experimentou profundas transformacións. Algúns deses cambios están inexorablemente ligados…

Ler máis

ACCIÓN COLECTIVA NA EMIGRACIÓN. AS PRÁCTICAS SOCIETARIAS DOS SADENSES EN AMÉRICA (II)

Manuel Pérez Lorenzo Sadenses na Festa da Flor, celebrada por Sada y sus Cotornos en New York no ano 1933. Vida Gallega, Vigo, 10/07/71933 COMPROMISO IDEOLÓXICO E  ACTIVIDADE POLÍTICA   Os nosos emigrantes chegaban ao continente  americano animados por múltiples expectativas,  pero tamén acosados por todos os problemas que  se derivaban dunha economía atrasada e profundamente …

Ler máis

EMILIA PARDO BAZÁN E SADA

Manuel Pérez Lorenzo A figura da escritora Emilia Pardo Bazán está intimamente ligada ao municipio de Sada. En primeiro lugar, polo feito de se ter desenvolvido aquí boa parte da súa vida, pero tamén porque Sada, Meirás, Mondego… serían escenarios nos que ambientaría moitas das súas obras narrativas. Meirás, de Granxa a TorreNa parroquia de…

Ler máis

ACCIÓN COLECTIVA NA EMIGRACIÓN. AS PRÁCTICAS SOCIETARIAS DOS SADENSES EN AMÉRICA

Manuel Pérez Lorenzo Os emigrantes de Sada no continente ame-ricano dotáronse, ao longo do século XX, de toda unha serie de asociacións con diversas razóns de ser: recreativas e culturais (coa organización de bailes, concertos, conferencias, actuacións, coros e cadros teatrais, etc.), mutuais e benéficas (coa instauración de sistemas de seguros ou de mecanismos de…

Ler máis

UNHA VISITA DE SUÁREZ PICALLO Á SADA DE 1926

Manuel Pérez Lorenzo No Buenos Aires de 1926, Ramón Suárez Picallo era xa unha figura relevante. Logo dunha década de actividade política e sindical na que destacara pola súa extraordinaria capacidade oratoria1, tíñase, nos últimos anos, integrado plenamente na colectividade galega, coadxuvando á formulación e ao desenvolvemento do movemento nacionalismo. Non é de estrañar, dado ese papel protagonista no socialismo e no movemento obreiro…

Ler máis

A INDUSTRIA DO BARRO NAS BRAÑAS DE SADA

Maise Vázquez García Manuel Pérez Lorenzo O humidal das Brañas de Sada é un dos espazos de maior interese ambiental do noso municipio, por acoller unha gran biodiversidade. Porén, non é menos importante a súa dimensión etnográfica e histórica, dado que a actual morfoloxía dese singular enclave débese a unha actividade económica concreta: a fabricación de tella e ladrillo. Foto. Andrés Vázquez e Odosinda Varela,…

Ler máis

A EDUCACIÓN NOS NOSOS DÍAS: RETOS E OBSTÁCULOS

Manuel Pérez Lorenzo No presente texto, escrito desde a perspectiva da didáctica das ciencias sociais e humanidades, procurarase expoñer unha visión acerca da educación e das súas finalidades, mais, sobre todo, abordarase a análise sucinta de toda unha serie de problemáticas e dificultades as que a nosa sociedade, e en particular os docentes, deben facer fronte con especial dedicación. Para Philippe Meirieu,…

Ler máis

NOMES PROPIOS. JOSÉ MONZO E O SINDICALISMO ANARQUISTA NA SADA DA II REPÚBLICA (II)

Manuel Pérez Lorenzo A expansión do anarcosindicalismo ao rural José Monzo, xunto a outros cadros cenetistas de Sada, desenvolveu tamén unha intensa labor proselitista ao longo das parroquias do municipio co obxecto de expandir ao campo o modelo de organización sindical da CNT. A celebración de mitins e reunións para animar aos veciños a se constituíren en sindicatos sería unha constante…

Ler máis

NOMES PROPIOS. JOSÉ MONZO E O SINDICALISMO ANARQUISTA NA SADA DA II REPÚBLICA (I)

Manuel Pérez Lorenzo A chegada da II República a Sada supuxo a eclosión dun movemento obreiro que tivera as súas primeiras organizacións nos anos 10 pero ficara desartellado durante a ditadura de Primo de Rivera. Neste proceso tivo unha singular relevancia o anarcosindicalista José Monzo como vertebrador da acción colectiva. José Monzo Ríos naceu en…

Ler máis