
SUÁREZ PICALLO: O DEPUTADO DA EMIGRACIÓN
Lois Pérez Leira Ramón Suárez Picallo naceu en Veloi (Sada) en 1894. O seu lugar natal era por aqueles anos unha aldea que combinaba os labores rurais cos do mar. Ramón comezou a traballar na terra aos sete anos, e aos catorce acompañaba seu pai como mariñeiro. “Emigrei aos catorce anos só. Cheguei a Bos…