Só en dixital

Aquí podes acceder a todos os artigos dos nosos colaboradores e colaboradoras,  que por diferentes razóns non foron publicados en papel na revista Areal, ou noutras publicacións da A.C. Irmáns Suárez Picallo.


Se queres contactar ou colaborar coa revista Areal, podes mandar as tuas publicacións ao enderezo electrónico: 
areal.sada@gmail.com


Aquí podes ver todos os artigos publicados SÓ EN DIXITAL



Ricardo Flores: Construindo Galicia na emigración. 
Manuel Pérez Lorenzo
22/03/2020. En xullo de 2012 cumpríase unha década desde a morte de Ricardo Flores. O escritor e activista cultural e político, nacido en Sada de Arriba no 1903, falecía aos 99 anos, logo dunha vida dedicada por enteiro á dignificación de Galicia, da súa lingua e das súas manifestacións culturais.

Manuel Pérez Lorenzo
31/05/2015. A figura da escritora Emilia Pardo Bazán está intimamente ligada ao municipio de Sada. En primeiro lugar, polo feito de se ter desenvolvido aquí boa parte da súa vida, pero tamén porque Sada, Meirás, Mondego… serían escenarios nos que ambientaría moitas das súas obras narrativas. Meirás, de Granxa a Torre
Na parroquia de Meirás posuíu, como herdanza da familia paterna, procedente da fidalguía local, a súa casa matriz. 

Partillar