Viaxe a Ortigueira
Data/Hora
Date(s) - 02/05/2022 - 02/06/2022
08:00 - 17:00
Categorías Non Categorías
Viaxe a Ortigueira con visita a Espasante e á escola indiana de Devesos
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organiza unha viaxe o vindeiro sábado 4 de xuño, ao concello de Ortigueira e que estará colaborada pola Asociación Cultural Terras de Ortegal. A viaxe incluirá visitas guiadas ao lago das Pontes, Concello de Ortigueira, Espasante e A Trapela e a escola a Devesana onde manteremos unha reunión con Orientado Fernández, fillo do mestre asasinado polo franquismo Rafael Fernández Casas.
O programa completo será o seguinte:
9:30. Saída de Sada
10:20 Parada técnica no lago das Pontes. 10 min para ventilar o autobús polo asunto covid e lembrar as orixes do lago
11: 00 Chegada a Ortigueira e recepción da directiva da Asociación Terras do Ortegal.
Visita ao Concello e visita guiada ao Teatro de Beneficencia, á Igrexa se é posible e ao Campo da Torre e Barrio do Ponto.
14:00 horas. Visita a Espasante e comida en A Trapela.
16:30 horas-. Visita a Punta dos Prados (Espasante)
18:00 horas-. Visita a escola a Devesana. Reunion con Orientado, fillo do mestre asasinado Fernández Casas
19:00 horas. Saída para Sada.
Os prezos para esta actividade son os seguintes:
- Soci@s da AC Irmáns Suárez Picallo (ou persoas anotadas como acompañantes de soci@s): 28 €
- Non soci@s da AC Irmáns Suárez Picallo: 38 €
Os prezos incluen viaxe e comida en A Trapela e cobraranse no autobús.
Para calquer dúbida ou cuestión que queiras trasladarnos, podes contactar con nós no correo info@suarezpicallo.gal
Podes anotarte no seguinte formulario:
Moi interesante as exposicións e a visita do sector gandeiro . Suxerencia: posible visita ás seccións de agricultura.