Acto na “municipalidad de Magdalena” (Arxentina) sobre a fábrica Celtia.
O noso correspondente Jose Luis Meirás na República Arxentina remitenos información dun acto sobre a fábrica Celtia e as Porcelanas de Magdalena onde presentaran este video:
O noso correspondente Jose Luis Meirás na República Arxentina remitenos información dun acto sobre a fábrica Celtia e as Porcelanas de Magdalena onde presentaran este video:
Se ainda non pasaches por alí, recomendamosche que visites a exposición de debuxos do artista sadense e colaborador da revista Areal, David Suárez Ansede (Geppe). Desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo suxerismos a súa visita a esta exposición que leva por título “Entre melodías e acordes” e que estará dispoñible ate o vindeiro 27…
O Caderno foi presentado na tarde noite de onte polo seu autor, Xosé Seoane na Capela de San Roque de Sada. A presentación contou coa actuación de luxo da sadense Sofi Peries que puxo a voz musical a poemas de Eduardo Pondal. Podes acceder á información deste Caderno nesta ligazón. Xa está dispoñíble en papel…
O venres 12 de maio, ás 20.00 h do serán, presentaremos na capela de San Roque o Caderno de Estudos Xerais número 21: “Roteiro Pondaliano: espazos vitais” da autoría de Xosé Seoane. O acto, organizado pola A.C. Irmáns Suárez Picallo, conta coa colaboración da Deputación provincial da Coruña e do concello de Sada. O caderno…
As entidades memorialistas (Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña) demandan a urxencia desta medida, xa que nada impediría aos Franco a retirada do Pazo de Meirás o vindeiro 26 de xuño, bens de grande valor patrimonial ligados de maneira inseparable do conxunto histórico. O Xulgado de…
Documento gráfico elaborado pola Comisión de Audiovisuais da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo con motivo da ofrenda floral realizada no monumento adicado ás vítimas sadenses da barbarie frnaquista realizado no aniversario do día da República do 2023.
A nova recolle a faceta activista do sadense Sergio Modia na arqueoloxía do ocio dixital como presidente da AUIC (Asociación de Usuarios de Informática Clásica. Podes acceder á nova completa na seguinte ligazón: https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/un-gallego-cabeza-arqueologia-tecnologica-KCCG600802
Por José Luis Meirás, correspondente en Buenos Aires O 14 de abril de 2010, día en que conmemoramos a proclamación da II República Española e amparados polo Principio de Xustiza Universal, Darío Rivas e Inés García Holgado, representados polos avogados David Baigún, Beinusz Szmukler, Ricardo Huñis, Carlos Zamorano, Héctor Trajtemberg, Carlos Alberto Slepoy, Máximo Castez…
Na tarde deste venres 14 de abril, honramos e lembramos ás vítimas sadenses da barbarie franquista, nuha ofrenda floral no monumento do paseo maritimo. Deixamos a continuación unha galeria de imaxes do acto.
Como todos os anos, e coincidindo co día da proclamación da II República, celebramos ao carón do monumento de homenaxe ás vítimas do franquismo no paseo marítimo de Sada unha ofrenda floral de lembranza e homenaxe. Será mañá venres a partir das 18:30 horas.
Neste ano cumpriranse 2 décadas desde que a Corporación municipal sadense que presidiu Abel López Soto, retirase a Avenida Generalisimo Franco (recuperando o nome de Avenida da Mariña), General Sanjurjo (rúa da Estrela), praza Jose Antonio (Praciña do Conde), General Mola (Xosé Monzo), Calvo Sotelo (Alcalde Fernández Pita) e General Aranda (Cortaduría). Os cambios no…
Os actos ao redor deste día, foran organizados pola Asociación de Cine Castelao na Praza de San Roque o sábado 17 de maio de 1980, que os describía da seguinte maneira: Na súa teima por recuperfa-la cultura galega, a Asociación de Cine Castelao tamén quixo poñe-lo seu graniño de area na celebración das Letras Galegas….
Compartimos este artigo que rescatou e enviounos Xoan Mallo sobre o Moby Dick que escribiu o dramaturgo galego Francisco Taxes (1940-2003) sobre o Moby Dick nunha publicación antiga. A primeira vez que eu recordo viaxar á vila de Sada, debéu ser alá polo ano coarentanove ou cincoenta, con outros oitenta ou noventa raparigos catecúmonos da…
O lanzamento do globo aerostatico en O Castro remontase a moitos anos atrás. Aqui deixamos unha galería de imaxes do lanzamento deste artiluxo de papel correspondente a diferentes anos:
O venres 17 de abril de 2009, entraba desde o mar un tornado que provocou diferentes danos en arbores, vehiculos, marquesinas, fachadas. A presenza do tornado en Sada coincidiu coa presenza dun circo na vila, danando a gaiolas dunha elefanta e tres ponis, que deambularon por Sada ao quedar ceibos. Pese a espectacularidade dos feitos,…
O acto contou cunha lectura de poemas do novo traballo de Ricardo Seixo e unha fermosa actuación musical
Os actos, organizados pola Peña Deportivista Ribera de Sada, incluiron un encontro no campo das Mariñas entre o Sporting Sada e o RC Deportivo (1-6) Os días 26 e 27 de xullo de 2003 celebrouse en Sada en Sada baixo a histórica peña sadense “Ribera”, un congreso de caracter lúdico que contou cun número importante…
Recentemente publicamos en Areal un artigo de lembranza ao redor da loita contra o proxecto urbanístico coñecido como “Porto Infanta” e que levaba por título “A loita contra «Porto Infanta». A vitoria do sentido común”. Recollemos hoxe unha galeria fotografica e documental ao respecto:
Este vindeiro xoves 30 de marzo, ás 20.00 h, Ricardo Seixo presenta a súa obra Pousos de natureza. O acto terá lugar na capela de San Roque de Sada. Pousos de natureza, que acaba de publicarse en edición de autor, con deseño e ilustracións de Abraham Vila, é o sexto libro de poemas de Ricardo Seixo, quen, ademais…
Na cidade da Coruña conviven 110 símbolos franquistas, algúns sorprendentes a día de hoxe. A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña insiste en denunciar o “incumprimento reiterado” da Lei de Memoria Histórica por parte do goberno local da Coruña, ao non retirar a simboloxía franquista da cidade. Lembrar que hai un ano…
A AC Irmáns Suárez Picallo participou no acto inaugural desta exposición no Obelisco da Coruña (Cantón Grande) e ven de solicitar no día de hoxe a petición á Deputación da Coruña, propietaria dos dereitos desta exposición – da que é Comisaria Montse Fajardo – de que veña fisicamente a Sada. “Sinaladas. A loita das mulleres…
Este pasado venres día 10 de de marzo, presentamos na capela de San Roque ao caron dos seus autores e da man das asociacións “Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo este video sobre a “cara B” da figura de Manuel Fraga Irribarne.
A continuación publicamos o video do acto de presentación do novo libro do noso colaborador Rubén Anido celebrado na biblioteca “Ramón Suárez Picallo” sita na Casa da Cultura Pintor Llorens o pasado venres 24 de febreiro. O video foi confeccionado pola area de audivsuais da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.