Reivindicando o acceso á beleza: Museo Carlos Maside

Este vindeiro luns, día 2 de outubro, ás 19:30 horas, as asociacións AC Alexandre Bóveda e AC Irmáns Suárez Picallo organizamos unha palestra: Reivindicando o acceso á beleza.  Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, con Mercedes Queixas, deputada do Bloque Nacionalista Galega, Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na USC  e Manuel Pérez Lorenzo presidente da AC Irmáns Suárez…

Ler máis

A ACISP formula alegacións ao expediente de declaración BIC do Museo Carlos Maside

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, ven de presentar diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades, escrito de alegacións ao expediente que incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural o edificio do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside, no termo municipal de Sada (A…

Ler máis

A A. C. Irmáns Suárez Picallo lamenta que a persoa que actualmente xestiona Cerámicas do Castro cuestione o interese patrimonial do complexo industrial.

Segismundo García declara que “no acierto a comprender cuál puede ser el interés de catalogar BIC una nave industrial de fabricación cerámica”, obviando o que representa desde o punto de vista histórico ou a pegada artística na súa arquitectura e nos elementos que integra de figuras como Díaz Pardo, Fernández-Albalat, Seoane ou Pérez Porto. Ante…

Ler máis

Presentamos a novela “La Pardo y los rusos” de María Chups

A capela de San Roque acolleu hoxe un interesante acto literario organizado pola Asociación Irmáns Suárez Picallo: a presentación da segunda novela da autora cordobesa María Chups Gómez, titulada “La Pardo y los rusos”. Trátase dunha obra de ficción histórica protagonizada por Emilia Pardo Bazán, que, convertida en personaxe novelesca, nos conta as súas experiencias…

Ler máis

A AC Irmáns Suárez Picallo reivindica a declaración do Museo Carlos Maside como BIC e critica que se desvirtúe o seu proxecto fundacional

Ante o anuncio de apertura ao público do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, a AC Irmáns Suárez Picallo volve reclamar da Xunta de Galicia a súa declaración como ben de interese cultural (BIC), a máxima figura de protección existente en relación co patrimonio cultural galego, cumprindo así co acordo parlamentario adoptado por unanimidade…

Ler máis

A nosa lingua

Bren (Adrián Brañas Castro) Todos sabemos que o galego é unha lingua cunha normativización relativamente recente e cunha normalización, enfrontada a unha situación de diglosia, cando menos, complicada. Toda galega ou galego, e moitas persoas que non o son, coñecen esta frase: “O galego mal falado é o que non se fala”. E ben certa…

Ler máis

A AC Irmáns Suárez Picallo considera inaceptáble a equiparación de vítimas do franquismo e os seus verdugos, realizada polo presidente do parlamento de Galiza

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e xunto a outras 11 entidades memorialistas representativas de Galiza, presentaron na mañá de hoxe un escrito onde solicitamos a retirada de determinadas expresións que ofenden gravemente ás vítimas do franquismo e que foron pronunciadas polo presidente do parlamento de Galiza durante o acto de “homenaxe a Alexandre Bóveda…

Ler máis

Club Ciclista Sada

O Club Ciclista Sada fundouse o 14 de febreiro de 2015 co nome Club Ciclista BTT Leones. O seu primeiro presidente foi Iván Gómez Suárez. Posteriormente tomou o relevo Miguel Franco e máis adiante Alejandro Santos. Nun primeiro momento foron doce os socios que formaron o club, practicaban fundamentalmente ciclismo de montaña, é dicir BTT…

Ler máis