MEIRÁS

 

Actualidade








Artigos en Areal

🕀 Dossier Meirás. PresentaciónManuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi

🕀 A (di)xestión de lugares de ditador. Xosé Manoel Nuñez Seixas. Catedrático de Historia Contemporanea da USC . Presidente da
Comisión de Expertos promovida polo Parlamento galego para estudar a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público

🕀 Un proceso democrático. Emilio GrandíoProfesor Titular de Historia Contemporánea da USC, membro da Comisión de Expertos promovida polo Parlamento galego e co-redactor dos informes elaborados por encargo desta Comisión e da Deputación da Coruña

🕀 O Pazo de Meirás é de dominio público. José Manuel Busto LagoCatedrático de Dereito Civil da USC, membro da Comisión de Expertos promovida polo Parlamento galego e co-redactor do informe elaborado por esta Comisión

🕀 O Pazo de Meirás, a rúptura da falsa legalidade do relato franquista. Fernando Souto Suárez 1 | Irene Tomé Urresti 21 Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica
da Coruña | 2 Xornalista, investigadora sobre Memoria e Discurso na USC, membro da CRMH

🕀 Meirás, unha recuperación desexada. Fernando Martínez LópezSecretario de Estado de Memoria Democrática

🕀 A entrevista. Juan Pérez Babío «Eu creo que Galicia merece unha explicación do que pasou»

🕀 Meirás após da sentenza. Manuel MongeExpresidente da CRMH da Coruña. Activista e escritor.

🕀 O Pazo, para o pobo. Oscar Benito Portela FernándezAlcalde de Sada.

🕀 A primeira sentenza contra o franquismo é galega e desmonta o relato do NODO. Abel López SotoEx-Alcalde de Sada. Promotor da declaración do Pazo de Meirás como BIC

🕀 A intrahistoria de Meirás: o camiño para facer posíbel a súa recuperación. Goretti SanmartínVicepresidenta da Deputación da Coruña entre 2015 e 2019, entidade impulsora da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás

🕀 Manderley-Meirás, o símbolo do modus operandi do franquismo. Carme VidalResponsábel de prensa do BNG na Deputación da Coruña

🕀 O Pazo é do pobo galego. Silvia Seixas (19 de Meirás)Integrante do colectivo de persoas que, no ano 2017, realizaron unha toma simbólica do pazo de Meirás, para reivindicar a súa devolución ao pobo galego

🕀 Meirás: un ben de interese cativo. Antares PérezXornalista.

🕀 Os tempos son chegados. Pablo Díaz BouzaXornalista.



Documentos de interese

🕀Acta do Pleno da Corporación de Sada no que se acorda solicitar o Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural (punto 3ª). (09 de agosto de 2007)A “Comisión de Expertos foi nomeada pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en cumprimento da resolución do Parlamento de Galicia sobre as posibilidades de incorporar ao patrimonio público a propiedade das “Torres de Meirás”.

🕀Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a adopción de medidas cautelares solicitadas por Carmen Franco Polo, contra a entrada de técnicos da Xunta de Galicia no Pazo de Meirás (09 de outubro de 2007)Neste Auto sobre “Peza de Medidas Cautelares” dictado polo TSXG, decretase a negativa da adopción da medida cautelar, consistente na efectividade do acto impugnado, esto e´, o acordo de data de 23-08-07 do Director Xeral de Patrimonio Cultural, que comunica se presentará un equipo técnico co fin de comprobar o estado do edificio e o seu entorno (Pazo de Meirás)  .

🕀Incoación do procedemento para a declaración do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural. (01 de agosto de 2008). Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural publicada no DOG, polo que se incoa o procedemento para a declaración de Ben de Interese Cultural, coa categoría de monumento, do inmoble denominado Torres de Meirás, tamén coñecido como Pazo de Meirás, situado no termo municipal de Sada (A Coruña) .

🕀Declaración do Pazo de Meirás como Ben  de Interese Cultural coa categoría de sitio histórico. (30 de decembro de 2008)Decreto 299/2009 publicado no DOG, polo que se declaran Ben de Interese Cultural, coa categoría de sitio histórico o inmoble denominado Torres de Meirás,  situadas no termo municipal de Sada (A Coruña) .



🕀 Decreto 299/2008 polo que se declaran BIC as Torres de Meirás. (21 de xaneiro de 2009)Decreto 299/2009 publicado no DOG, polo que se declaran Ben de Interese Cultural, coa categoría de sitio histórico o inmoble denominado Torres de Meirás,  situadas no termo municipal de Sada (A Coruña) .

🕀Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a adopción de medidas cautelares solicitadas por Carmen Franco Polo, contra a declaración do Pazo de Meirás como BIC (29 de maio de 2009)Neste acordo sobre “Peza de Medidas Cautelares” dictado polo TSXG, desestimase a adopción da medida cautelar solicitada por Carmén Franco Polo, contra o Decreto 299/2008 de 30 de decembro polo que se declaran BIC as Torres de Meirás con categoría de sitio histórico.

🕀Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestimando Recurso de Súplica presentado por Carmen Franco contra a declaración BIC do Pazo de Meirás. (08 de setembro de 2009)Auto o TSXG polo que se desestima o recurso de súplica fundamentado no perxuizo provocado pola visita pública que provocaría a declaración BIC do Pazo de Meirás.

🕀 Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza contra a petición solicitada por Carmen Franco Polo, contra o acceso dos técnicos da Xunta de Galicia ao Pazo de Meirás (27 de setembro de 2009)Sentenza do TSXG, desestimando o recurso contencioso-administrativo presentado por Carmen Franco contra a resolución da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia de data 23-08-07 pola que se comunicaba a visita pública dos técnicos desa consellería.

🕀 Sentenza do Tribunal Supremo (Madrid), estimando parcialmente o Recurso de Casación formulado por Carmen Franco Polo, contra o acceso dos técnicos da Xunta de Galicia ao Pazo de Meirás. (09 de outubro de 2009). Nesta sentenza do TS, ainda que se ratifica a entrada dos técnicos da Xunta de Galicia, limita a realización dunha reportaxe fotográfica completa.

🕀 Sentenza do Tribunal Supremo (Madrid),desestimando o Recurso de Casación formulado por Carmen Franco Polo, contra a adopción de medidas cautelares solicitadas pola demandante ante a declaración do Pazo de Meirás como BIC. (29 de setembro de 2010)Nesta sentenza do TS, ainda que se ratifica a entrada dos técnicos da Xunta de Galicia, limita a realización dunha reportaxe fotográfica completa.

🕀 Sentenza do Tribunal Supremo (Madrid), desestimando o Recurso de Casación formulado por Carmen Franco Polo, contra a declaración BIC do Pazo de Meirás. (21 de febreiro de 2012)Nesta sentenza do TS, desestima o recurso de casación presentado por Carmen Franco e convirte en firme a setenza polo que se declara BIC o Pazo de Meirás.

🕀 Informe Histórico-Xurídico da “Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás”. (27 de febreiro 2018)A Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás foi impulsada pola Deputación Provincial da Coruña no ano 2017. Encargou o presente informe para definir unha estratexia de devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público. Foron responsabeis da redacción deste informe, o Grupo de Investigación da USC Hispona, Emilio Grandío (USC) e Manuel Pérez Lorenzo (USC) na análise histórica, e Xavier Ferreira Fernández (USC) e Miguel A. Rodríguez Fernández (ICA-Santiago) na análise xurídica.

Membros asistentes á reunión da Xunta Pro Devolución celebrada no Palacio Provincial da Deputación da Coruña o día 5 de outrubro de 2018. De esquerda a dereita: Xavier Ferreira (Analise Xurídica – USC), Fernando Souto (Presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña), Carlos Babío (Membro da CRMH da Coruña, investigador, coautor do traballo “Meirás: un pazo un caudillo, un espolio”), Goretti Sanmartín (Vicepresidenta da Deputación da Coruña), Manuel Pérez Lorenzo (Historiador, coautor do traballo  “Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio”), Marilar Alexandre (Real Academia Galega) Ernesto Vázquez (Iniciativa Galega pola Memoria), Francisco Montouto (concelleiro en Sada), Benito Portela (alcalde de Sada), Xulia Santiso (Conservadora da Casa Museo “Emilia Pardo Bazán”) , Jose Manuel Sande (concelleiro na Coruña) e Emilio Grandío (Analise histórica – Profesor de historia contemporanea na USC)

🕀Informe da “Comisión de Expertos” nomeada pola Consellaría de Cultura sobre posibilidade de incorporar ao patrimonio público o Pazo de Meirás. (xuño 2018). A “Comisión de Expertos foi nomeada pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en cumprimento da resolución do Parlamento de Galicia sobre as posibilidades de incorporar ao patrimonio público a propiedade das “Torres de Meirás”.

🕀 Sentenza do Xulgado de 1ª Instancia nº 1 da Coruña  establecendo que o Pazo de Meirás é propiedade do estado español e ordea á familia Franco a súa devolución.  (02 de setembro de 2020)Sentenza do Xulgdo. de 1º Instancia nº 1 da Coruña que estima na sua totalidade a demanda presentada pola Avogacía do Estado con sede na Coruña e en representación da Administración Xeral do Estado, demandando a propiedade do Pazo de Meirás.



🕀Auto do Xulgado de 1ª Instancia nº 1 da Coruña de Medidas Cautelares en relación coa sentenza que ordea á familia Franco á devolución a estado o Pazo de Meirás.  (04 de decembro de 2020)Auto de Medidas Cautelares dimanante da execución provisoria nº 251/2020 e Incidente de Oposición Medidas Cautelares adoptadas por auto de data 9 de novembro de 2020.


Video







Lectura recomendada


🕀 Meirás rebelde: un conflicto agrario na Galicia da Segunda República. 

Manuel Pérez Lorenzo.

Entre os anos 1933 e 1936 tivo lugar un conflito que enfrentou a boa parte daveciñanza de Meirás con varios propietarios de fincas. O motivo, o despoxo inicial de dúas familias das súas terras de traballo, que deu lugar a sucesivas tomas das parcelas coordinadas polo sindicato local, adscrito á CNT.

Os acontecementos -enfrontamentos coas forzas de orde, detencións, actos de protesta- serán recollidos polos principais diarios e cesarán coa sublevación militar de xullo de 1936 e a posta en marcha de mecanismos represivos que afectaron aos seus protagonistas.


Publicado en: Anuario Brigantino

Ano: 2018. Nº 41 (páxinas 217 a 236)

Acceder ao traballo nesta ligazón


🕀 Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio. 

Carlos Babío Urkidi  –  Manuel Pérez Lorenzo.

Este traballo de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, editado por Galiza Sempre coa colaboración da Deputación da Coruña, documenta como o pazo foi adquirido para o Ditador, Francisco Franco, por medio de doazóns baixo coacción, descontos obrigatorios nos salarios de empregados públicos, expropiacións forzosas e malversación de fondos e recursos públicos.


Editado por: Fundación Galiza Sempre

Ano: 2017

Mercar este libro nesta ligazón


Partillar