MANIFESTO
Ante o lamentable abandono de continente e contido do Museo Carlos Maside de Sada proponse urxir a súa inclusión como BICDende o ano 2016 e por diferentes organismos, institucións e colectivos culturais de Galicia argumentouse e solicitouse ante as administracións – ás que involucra na salvagarda do Patrimonio Cultural o artigo 46 da Constitución Española – incoar expediente para a declaración de BIC, do Museo de Arte Contemporánea Galega Carlos Maside ( o Castro de Osedo, Sada). Argumentada solicitude de protección máxima realizada en base á Ley de Patrimonio Cultural de Galicia ( 5/2016, de 4 de maio)
Centro que alberga significativa obra de Castelao, declarada BICO Museo de Arte Contemporánea Galega “Carlos Maside”, alberga ademais significativas obras de Castelao, declaradas Ben de interese Cultural BIC (por Decreto 249/2011, do 23 de decembro), con todo o que isto implica a nivel legal e de cara a súa salvagarda. Pese a todo na actualidade sometida a problemas de conservación polo estado xeral do Museo.O Laboratorio de Formas de Galicia: teoría e praxe para unhas industrias preocupadas pola ética e estética de GaliciaMuseo nacido no 1970, dentro do ideario do Laboratorio de Formas de Galicia, proposta de Isaac Díaz Pardo, Luis Seone e doutros exiliados, a fin de rehabilitar e revitalizar – aínda dentro da represión da ditadura franquista – canto implica a cultura galega, a súa imaxe e identidade. Anovando así a teoría e praxe do Seminario de Estudos Galegos, institución expoliada na guerra e a partir de entón desdebuxados os seus fins, supeditado ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas aínda hoxe.Laboratorio de Formas que ademais do devandito museo, co fin do acopio, estudo, documentación e divulgación do Movemento Renovador da Arte Galega, a través das súas máis de duascentas publicacións ( moito deste fondo editorial hoxe almacenado en en difícil situación de conservación) vinculou este activo centro ao debate arte-industria, tradición-modernidade, ética-estética, así como a todo un programa de recuperación cultural e industrial, á imaxe de Galicia, fronte á tendencia acultural ao esperpento. Iniciativas ás que se suma Cerámicas e Editorial do Castro impulsoras do termo “Memoria Histórica”…. así como a Fábrica de Sargadelos coas súas experiencias cerámicas, mesmo o ensaio co vidro, co tapiz, co deseño de mobiliario…. a recuperación do contexto histórico da arqueoloxIa industrial do Sargadelos de Raimundo Ibañez…. Tentando incorporar e edificando en Compostela espazos para o IGI, o Instituto Galego de Información, asumindo a importancia da comunicación na súa era, imprescindible na información e na formación….tamén recibindo o legado do Laboratorio Xeolóxico Parga Pondal . Institucións que foron modelo e referente a nivel mundial a través de congresos. “Industrias da Memoria” caracterizadas polo seu compromiso sociocultural e reivindicación da personalidade histórica de Galicia, aspectos de orixe nos que radica a mesma orixinalidade, os que a nova administración destas empresas, foi retirando.
A Xunta de Galiza xa informou no ano 2018 da realizacion de informes e estudos previos e o Consello da Cultura xa emitíu o seu informe, pero non se deron máis pasos para iniciar formalmente o expediente.O pasado mes de outubro, a Xunta confirmaba que seguen con actuzcións e informes, tres anos despois, o que indica unha clara pasividade e deixación de funcións na preservación do noso patrimonio cultural.Esiximos que se incoe con caracter inmediato o expediente de declaracion BIC do museo, que sería un primeiro paso para a súa proteccion e conservación, hoxe en perigo.
Ver sinaturas de apoio ao Manifesto