MAGDALENA HOMENAXEA A ISAAC DÍAZ PARDO CO NOME DUNHA RUA

 

Na derradeira sesión do ano 2020 o Honorable Concejo Deliberante do partido bonaerense de Magdalena aprobou por unanimidade a ordenanza de imposición do nome de Isaac Díaz Pardo a unha rúa e os de Santos Casado e Manuel López de Ben a unha pasaxe da cidade cabeceira do distrito. Trátase dunha homenaxe na trama urbana ao fundador e director da fábrica Celtia S.A. – Porcelanas de Magdalena e dous dos seus colaboradores mais destacados, quenes chegaran desde Galicia a fins dos anos 50 para levar adiante o proxecto industrial e cultural onde tamén naceu o Laboratorio de Formas de Galicia

Diaz Pardo, Marta Echeverría, Isabel Martínez, José Luis Montero, e Pocholo Sánchez visitan o taller de Fernando Arranz, fundador da Escuela Nacional de Cerámica en Buenos Aires, (Circa 1960)

O día 22 de agosto de 2020 cumpriuse o centésimo aniversario do natalicio de Isaac Díaz Pardo, intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador, que durante os anos 60 asentouse na nosa localidade e xunto con outros artistas e personalidades fundaron a empresa CELTIA S.A. espazo de traballo polo que pasaron moitas familias de Magdalena ata o seu peche“, sinalaba o proxecto de ordenanza que o mércores 30 de decembro foi aprobada por unanimidade no Concejo Deliberante da localidade de Magdalena, na provincia de Buenos Aires.

Desde o seu peche e posterior demolición da fábrica non quedaron rastros tanxibeis do paso desta figura artística por Magdalena nin do proxecto CELTIA. O proxecto de recuperación da memoria realizado desde fai uns meses na nosa localidade despertou e sensibilizou á nosa sociedade rescatando do esquecemento non só a fábrica senón a producción de pezas dun valor e calidade de deseño incalculabeis, como así tamén as figuras destacadas do exilio galego como o mencionado Isaac Díaz Pardo, Santos Casado, Manuel López de Ben, José Luis Montero, Luis Seoane, e Xosé Nuñez Bua, ademais de artistas locais relacionados coa colectividade galega como Geno Díaz“.

Con ese fundamento, o proxecto propuxo a imposición do nome de Isaac Díaz Pardo a un tramo da rúa Balcarce lindante co predio onde funcionou a planta de fabricación das Porcelanas de Magdalena.

A ordenanza tamén engade o nome de Pasaje Santos Casado e Manuel López de Ben a un tramo da rua Brandsen, entre 25 de Maio e Ituzaingó, no Barrio Obrero de Magdalena, onde esos dous traballadores técnicos migrantes viviron en Arxentina ate o final dos seus dias, xa no novo milenio..

Santos Casado e Manuel López de Ben en Celtia. Circa 1965

A iniciativa aprobouse coa totalidade dos votos do corpo lexislativo municipal. Na sesión, seguida en vivo por Facebook non somentes por cidadáns de Magdalena senón tamén desde Galicia, as concelleiras Patricia Añaños (Unidad Ciudadana-Frente de Todos) e Mercedes Videla (Juntos por el Cambio) tomaron a palabra para expresar o seu apoio ao proxecto.

Rescatar a memoria colectiva é moi importante, pero ademais estamos construindo unha ponte cultural internacional, é un fito para Magdalena, Isaac Díaz Pardo, que é un prócer nacional de Galicia, aquí viviu 13 anos e non pasou desapercibido para os magdalenenses. Foi o creador dun dos proxectos industriais e culturais mais importantes que tivemos na historia de Magdalena, quizais o único con esa vinculación de industria e cultura. Aquí cimentáronse moitos dos proxectos que logo levarían a cabo no complexo de Sargadelos, que serviron para rescatar a memoria histórica e identidades galegas silenciadas pola ditadura franquista. Nós estamos a poñer os cimentos desa ponte hoxe e serán quenes nos sucedan os que teñan que comezar a xestar políticas públicas para que esa ponte sexa transitada, de ida e de volta“, expresou Añaños.

Pola fábrica Celtia pasaron numerosas familias de Magdalena e tamén artistas e intelectuais arxentinos e do noso irmán pís. Sabemos que a memoria colectiva da nosa sociedade é un exercizo permanente que debe reforzarse e acompañarse con xestos que poñan de relive acontecementos e persoas destacadas, coma o caso de Isaac Díaz Pardo e o proxecto de Celtia. O proxecto de recuperación da memoria de Celtia foi un traballo moi importante que se desenvolveu durante todo este ano. É moi importante todo o que iso mobilizou nos habitantes de Magdalena, coa comunicación, as notas que se publicaron, as páxinas que se abriron, as videoconferencias con quenes pasaron por alí. Lembrar non é só voltar a falar das cousas que pasaron senón voltar a pasar polo corazón. Quería agradecer e felicitar a todos os que traballaron neste proxecto e trouxeron a proposta de ordenanza que hoxe aprobamos. Sabemos que é un inicio e auguro o mesmo que a concelleira Patricia, que sexa o inicio de unha ponte e novas cousas que se sigan xestando en Magdalena“. dixo a edil Mercedes Videla.

O proxecto de nomear unha rúa Isaac Díaz Pardo xurdiu como idea a mediados de 2019, cando a escritora e artista galega Loli Beloso, amiga persoal de Isaac e da súa esposa Carmen “Mimina” Arias de Castro, visitou Magdalena e fixo unha presentación no Centro Cultural Municipal dos seus libros e pezas de xoiería con fragmentos de Porcelanas de Magdalena. Alí o xornalista José Luis Meirás suxeriulle esa posibilidade, que logo foi apoiada tamén desde Galicia por Camilo Díaz Arias de Castro, fillo do fundador de Celtia.

Era clave acompañar con ese rescate histórico as conmeracións as conmemoracións a realizar en Galicia durante o 2020, ao estar pertos da data do centenario de Díaz Pardo. Así, o arquitecto Pablo Briguez e a profesora Rosanna D’Ippolito, integrante da Asociación Amigos del Patrimonio Histórico de Magdalena” sumáronse á iniciativa de Meirás, impulsando a reunión de testemuñas e imaxenes de extraballadoras da fábrica así como das pezas e xogos de vaixela que moitos veciños de Magdalena atesouran nos seus fogares. Todos estos documentos e testemuñas comezaron a publicarse no grupo de Facebook CELTIA, MAGDALENA.

O 22 de agosto, data do nacemento de Díaz Pardo, a dirección de Cultura da Municipalidad, InformadorMgd e a Asociación del Patrimonio Artístico realizaron a video conferencia “Seminario Díaz Pardo 100 Años” coa participación de extraballadoras de Celtia, así como de Camilo Díaz; Loli Beloso; o arquitecto Manuel López, fillo de López de Ben e o historiador Hernán Díaz, fillo do debuxante e escritor Geno Díaz, que fora xefe de arte da fábrica nos primeiros anos; entre outros.

Se a experiencia de Díaz Pardo en Cerámicas do Castro serviu para poñer en pe a fábrica de Magdalena, foi neste pobo rioplatense onde Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane sentaron as bases do laboratorio de Formas, pontapñe inicial das “industrias de la Memoria” en Sargadelos.

O borrador do proxecto de ordenanza, preparado por Pablo Briguez, foi logo acompañado por mais de 150 sinaturas de veciños e veciñas de Magdalena. Tamén foron importantes as cartas de apoio recibidas desde a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina; desde o Centro Galicia de Buenos Aires; desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a revista Areal da cidade de Sada, dirixidas polo seu exalcalde Abel López Soto; así como o saudo e beneplácito que enviou mediante un video o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo.

Fonte orixinal da información:

Isaac Díaz Pardo baixo o ceo de Magdalena
Na última sesión do ano 2020 o  Concejo Deliberante de Magdalena tratará o proxecto de ordenanza que busca levar o nome de Isaac Díaz Pardo, Manuel López de Ben e Santos Casado a duas ruas do pobo bonaerense onde funcionou a fábrica Celtia e se fabricaron as Porcelanas de Magdalena.
Loli Beloso Neira, artista, traballadora da saude e amiga persoal de Isaac Díaz Pardo enviounos de Galicia esta carta para a súa publicación en InformadorMgd na que sauda a iniciativa. “Celtia foi a sala de partos onde veu a luz a vida un ben marabilloso, o cal non so beneficiaria a Galicia en todos os ámbitos, senón tamén no mundo” sinala Beloso na misiva.

Por Loli Beloso Neira
Isaac Díaz Pardo en Celtia, Magdalena

Foi no ano 1995 cando o intectual galego Núñez Bua, exiliado na Arxentina, viaxa a Galicia coa intención de propoñer unha fábrica de porcelanas no pais da Pampa ao seu amigo Isaac Díaz Pardo, pintor (no ano 1945 estaba considerado uns dos mellores pintores de España), escritor, inventor, editor, químico, arquitecto, empresario, ceramista… en fin, estamos diante do Leonardo da Vinci galego, quen nun principio dí que non; para que facer outra fábrica?. Cerámicas O Castro vai moi ben”; Porén, segundos despois recapacita: “non podo deixar aos meus compañeiros de batalla a favor da nosa querida Galicia e do seu pobo, non, non, non debo deixalos sós”.


Diante esta reflexión, Díaz Pardo acepta e viaxa á cidade de Magdalena para construir CELTIA, fábrica de porcelana cuxo timón levaría durante trece anos sen deixar de lado a súa factoría do Castro con mais de cen traballadores. Era 1956. É importante sinalar que este xenio universal mais que facer a fábrica o que lle interesaba era recuperar o exilio, é decir, traer aos nosos intelectuais desterrados á terra que lles viu nacer.

Entre eles atopábase o seu colaborador e compañeiro de proxectos, o grande pintor Luis Seoane ou os escritores: Blanco Amor, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Xosé Neira Vilas… Foi un pai e un irmán para todos eles e grazas a él retornaron á súa ansiada patria da “morriña”; por Isaac, Galicia recuperou a súa fortuna máis valiosa; “aos mais fideis combatentes da cultura galega”, xa que o noso pobo quedara mergullado na mais profunda pobreza en todos os eidos.

Aos meus amigos da preciosa cidade de Magdalena quérolles decir que CELTIA foi a sala de partos onde veu a vida a un ben marabilloso, o cal non só ia beneficiar a Galicia en todos os eidos, senón tamén ao mundo: “imos enriquecer ao mundo coa nosa diferenza” decía ilusionado Luis Seoane.

Baixo o seu teito naceu o LABORATORIO DE FORMAS, un ente teórico do cal sairon fermosos proxectos que levarianse a fin en terras galegas como EDICIÓS DO CASTRO, onde Isaac cumpría a ilusión a moitos e moitas de ver publicado un libro xa que él editáballe a que llo pedía: “hai que dar unha oportunidade a todos”. “Hai que axudar ao que está abaixo xa que o que está arriba non o precisa” pensaba o noso Leonardo da Vinci. Nesta editorial recuperouse a memoria histórica de Galicia, destrozada antes e despois da Guerra Civil española.


Outro proxecto foi a recuperación de SARGADELOS, empresa que comezara en 1800, aquí faciase louza e figuras ao estilo inglés, “o vello Sargadelos”. En 1970 inaugurase “o novo Sargadelos”, onde se producían pezas de porcelana exclusivas, xa que o seu espíritu era o saber da civilización do noso país. No Sargadelos de Isaac está plasmada a historia do universo galego coa intención de divulgar a nosa cultura ao mundo enteiro.

Tamén creou o MUSEO GALEGO DE ARTE CONTÉNPORANEA CARLOS MASIDE e o IGI (Instituto Galego de Información). En todos estes emprendimentos Díaz Pardo contou co apoio da súa esposa, a excelente artista Carmen Arias; tanto o seu traballo creativo coma a súa humanidade falannos de dous seres extraordinarios, comprometidos coas causas xustas.

A todo este imperio cultural Isaac e a sua muller aportan o inxenio e a orixinalidade dos seus productos, polo que fan que o seu grupo empresarial sexa único pola súa filosofia de acción. Mentras este matrimonio estivo ao frente do seu grupo empresarial (sesenta anos) foi un fabuloso e rico manancialde cousas boas e ledicias para todos; Porén, no ano 2006 a Isaac acontecelle un feito moi triste e que él xamais pensou que lle acontecería: os derradeiros anos da súa vida estiveron marcados por enmascaradas infedilidades de certos individuos nos que él sempre confiou e que -movidos polos egoismos- o excluiron da dirección da súa empresa, que con tanto sacrificio sacara adiante.

Agora, a súa obra xa non era o que era; Ediciós do Castro non existe, no IGI non se fai nada, e o Museo Carlos Maside tampouco, galerías coma a de Milán que pechou as súas portas… o seu bo proxecto non  é hoxe como el creou e imaxinou. Ante esta traxedia, Galicia está enchoupada de bagoas cheas de dor por tanto sofrimento inxusto causado a Isaac, o galego mais querido da nosa terra. Estas bágoas laian e latexan coma un corazón día e noite por este drama que xamais debeu acontecer e que pasará á nosa historia coma un tormento que non deixa de doer.  “Cóllese antes a un embusteiro ca un coxo” a cotio suliñaba niña mamá, levándose as mans á cabeza. Canta razón tiña!

“Roubaronnos todo. Chegamos a pasar fame. Agardaba ao meu irmán cunhas patacas cocidas para comer. Quedamos orfos, a papá o asasiñaron na Guerra Civil e aos dous anos mamá morreu de cancro, pasamos moitas calamidades para sair adiante” lembraba Chita, irmá de Díaz Pardo.

Como sempre na vida, a historia repítese, e neste caso con Isaac, non ia ser diferente no ocaso da súua existencia, “roubaronllo todo”. “O roubado non medra”, sentenciaba a miña nai.

Nembargantes, Isaac sempre será recordado coma unha excelente persoa, coma un misioneiro de bos sentimentos e da nosa cultura, pois adicou a súa vida a Galicia e aos demais. A súa obra é inmortal. Con motivos do centenario do seu nacemento, os galegos ríndenlle numerosas e sentidas homenaxes o mesmo que os nosos irmáns de Magdalena, onde Isaac e Mimina, baixo o ceo desta fermosa cidade ollando ás estrelas ilusinados, soñaban en fermosos desexos que logo levaron a fin na súa querida terra.

En agosto de 2019 con motivo da miña visita a Magdalena, o señor alcalde desta cidade convocou unha rolda de prensa, ilusionada levaba eu dentro do meu corazón unhas propostas; darlles os nomes de Isaac e Mimina a unhas ruas; expor esta idea fixome reflexionar: “Direi o que penso? Son foránea, non sei se debo…”. Tiven a sorte xa que o excelente e comprometido xornalista José Luis Meirás propuxo o das rúas. En fin! Nin que este xornalista abrise as portas do meu corazón, onde con tanto amor gardaba o que eu desexaba!

En segundo lugar, aproveitando que estaba don Gonzalo Peluso, alcalde de Magdalena , pedínlle que no Museo da súa cidade lle adicaran unha sala a Díaz Pardo e a Carmne Arias, eu comprometiame a doar pezas de interese, coa única condición de que leven aos nenos e nenas a visitala para que, desta maneira, conozan a obra cultural e humana destes dous grandes artistas. O señor Peluso contestou que faría todo o que estivera nas súas mans para realizar estas peticións que a día de hoxe van por bo camiño.

Por último, non estaría de mais que en Magdalena fagan un paseo cos nomes dos nosos intelectuais que alí forxaron fermosos sonos para ben de todos.

Sacar adiante o paseo de Celtia sería unha maneira de que as suas ilusións perduren para sempre entre nós a fin de que as xeneracións futuras non se esquezan daqueles a quenes tanto debemos e que deron todo por Galicia. O paseo será un símbolo imperecedeiro do seu amor pola Terra Nai e por Magdalena quen os acubillou. Recordalos alí será un incentivo aos nosos sentimentos, enchendoos de cor e ilusión.

Viva Isaac! Viva Mimina! Que viva o pobo de Magdalena e Galicia por lembrar e querer tanto a estes dous anxos! Para sempre Galicia e Magdalena polo fermoso matrimonio da ESPERANZA e o BEN!.

Desde Galicia quero dar as grazas á Municipalidad de Magdalena, ao seu intendente Gonzalo Peluso e a José Luis Meirás por escoitarme e tratar con tanto agarimo a memoria de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias de Castro, “Mimina”.

Desexolles un Bo Nadal 2020 e millóns de bicos de mel para todos”.

23-03-2020
Loli Beloso Neira

Fonte orixinal da información:

Partillar