HOXE, AO TEATRO EN SADA!
Hoxe, domingo, as 20:00 h. terá lugar unha xornada teatral na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Fernando Morán e Isabel Risco representarán varios textos de Jacobo Paz, con algunha que outra sorpresa. Agardámosvos alí!
Hoxe, domingo, as 20:00 h. terá lugar unha xornada teatral na Casa da Cultura Pintor Lloréns. Fernando Morán e Isabel Risco representarán varios textos de Jacobo Paz, con algunha que outra sorpresa. Agardámosvos alí!
Tal día como hoxe, hai 150 anos, nacía en Sada Manuel Lugrís Freire. Damos hoxe inicio, pois, ao 150 aniversario do seu nacemento, que se verá acompañado con diversos actos ao longo dun ano, o 2013, que foi declarado institucionalmente como Ano de Manuel Lugrís Freire polo Concello de Sada e no que contaremos coa…
O pasado xoves 24 tivo lugar, na Casa Municipal da Xuventude, un novo acto da A. C. Irmáns Suárez Picallo. Xesús Torres e Antón García presentaban o seu libro As fontes no Concello de Betanzos, publicado pola Asociación Cultural Eira Vella. Trátase dun minucioso estudo, produto dunha profunda investigación, de todas e cada unha das…
Nas pasadas semanas tiveron lugar diferentes actos de homenaxe a Isaac Díaz Pardo.
Roteiro-magosto en Fontán, 18 novembro 2012. Manuel Pérez (Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Sada) presenta un novo exemplar do Caderno de Estudos Locais, “Fontán nas nosas letras”, durante o magosto.
Estes días pódese visitar no IES Isaac Díaz Pardo de Sada a exposición que, baixo o título “Querido Balbino”, conmemora os 50 anos de Memorias dun neno labrego, o bestseller de Xosé Neira Vilas. Precisamente, foi o autor quen inaugurou onte a mostra, acompañado do alcalde de Sada, un representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Como vimos facendo cada 14 de outubro, este ano taménrendimos homenaxe a Ramón Suárez Picallo o día no que se cumpren 48 anos do seu falecemento e 4 desde o traslado dos seus restos a Sada. Fixémolo, como sempre, cunha ofrenda floral no cemiterio do Fiunchedo, na que se leron varios textos alusivos a súa…
O pasado sábado 13 de outubro tiña lugar na Capela de San Roque, rehabilitada e reconvertida en espazo cultural en marzo de 2011, a presentación do nº 5 da nosa revista Areal. Ante un público que abarrotaba o edificio (preto de 150 persoas), actuou a Coral Polifónica da S. R. C. D. de Sada, interpretando pezas galegas…
As fontes no concello de Betanzos García González, Antón Torres Regueiro, Xesús Asociación Cultural Eira Vella · Betanzos ISBN: 978-84-615-6395-1 Pp 266 Galicia é un pais de auga. A auga, elemento básico na vida das xentes que nos precederon, é o ben máis prezado. Cada pobo, ó longo da súa historia dotou de personalidade propia os seus mananciais, fontes,…
Marisa Naveiro López Presentación do nº 4 da revista Areal O pasado 13 de abril presentabamos na Casa da Cultura “Pintor Llorens” o nº 4 da revista Areal. Un número dedicado en boa medida a Isaac Díaz Pardo. Falarían sobre esta figura José-Mª Monterroso e Felipe Senén. Concluiría o acto coa actuación de Tombalobos orquestra, que deleitaron e divertiron aos asistentes.
HAI 100 ANOS Desde Sada Efecto de las continuas lluvias que han descargado por toda esta comarca durante todo el verano, la escasez de frutos es grande, los labradores hállanse consternados por carecer de lo más preciso para la estación de invierno, viéndose en la necesidad de emigrar la mayor parte de ellos incluso los de avanzada edad; la siembra del trigo…
No 1906, o historiador da arte Ángel del Castillo (A Coruña 1886-1961) pasou unha tempada no pazo do Castro de Samoedo, canda os irmáns Castro Arias. Nestes días de lecer, dedicouse a percorrer a comarca na procura de vestixios arqueolóxicos e artísticos, experiencias que reflectiu en dous artigos. Reproducimos hoxe o segundo deles, no que…
Cando cheguei a este pais alô polo mês de Setembro do ano 1929, o movimento galeguista em Bôs Ares era frouxo. Pois o alardeamento de ser galego, nom se fazia comum nos nossos emigrados, supondo, pouco menos do que um.a afouteza, manifestar publicamente sê-lo, e quasemente equivaler a um delito, o fazer uso da nossa lingua.
Decorriamos os dias da primeira semana do agosto e com um.a sazom ajeitada dum magnífico verao, indo já fora um par de jornadas. Na vila branca e marinheira de Sada dava-se encêto aos traballos de ornamentaçom pública para o celebramento da sua Festa Maior, em memória da patrona da parróquia, Santa Maria, e mais de orago da capela, San Roque. O…
ENCOL DO TEATRO Con máis ou menos infruencia, tôda arte cô seu contido, cô seu celme, pode contribuir á evoluçón de todo movimiento ideológico e patriótico que germole dentro do organismo dun povo: têndo tal produto desempenhado un rol moi importantisimo na historia dos mesmos, asin como tamén na historia da Humanidade, reflexando o geito de vida social de cada época, traducindo…
Vanesa Santiago Vázquez En Fontán houbo un túnel e quen sabe onde irá. Houbo en Fontán un túnel: Non precisamos máis. Daquel túnel perdido din algúns que partía das Torres de Meirás e o corazón do egrexio Mosteirón: nobres e frades buscarían fuxida na liberdade que aínda brinda o azul do noso mar.
Ricardo Seixo A Isaac Díaz Pardo, in memoriam No arrecendo dos anos primeiros pólvora e tristura. Pola estrada da vida non hai beirarrúas, e os mortos nas cunetas falan da paisaxe que pinta o fascismo. Lápiz e pincel crean a ilusión camiño de América. Cómpre seguir a medrar coa Galiza do alén, coa Galiza aniquilada…
Xaime Rodríguez Rodríguez A alimentación é unha práctica totalmente escura, porque é algo que facemos todos os días, semella natural e é ao seu través que a sociedade se reproduce física, social e simbolicamente. (Patricia Aguirre) Dime o que xantas e direiche o Deus que adoras, onde vives, a que cultura pertences e en que grupo social estás…
José-Mª Monterroso Devesa Para Mercedes e Tino R. Caamaño. INTRODUÇOM Trata-se este de um itinerário, de Leste a Oeste –concebido hai décadas e nunca plasmado – , só se limitando a essa zona das Marinhas corunhesas que compreende os modernos municípios de Bergondo, Sada e Oleiros, na península conformada polas rias de Betanços e Corunha, precisamente entre estes termos municipais e tomando…
Antón Santamarina Delgado A Ricardo Flores preocupábao moito o ser humano nado na Galiza que puña como desculpa de non usar na conversa íntima o idioma propio da Terra que o dera… por non saber falalo ben. A ese desventurado compatriota compúxolle unha cuarteta, ben doadiña de memorizar, que di simplemente así: Se como sabes galego souberes falar francés a placa…
Manuel Lugrís Rodríguez Unha nación é un corpo vivo, conxunto de xentes, cultura, sentimentos e un indeterminado acervo de multitude de liñas diferenciadas que conforman unha idiosincrasia afundida nas raigañas do pasado e na presenza da paisaxe propia e representativa. O xeito de denominar nación a esa mestura ou compoñente harmónico de elementos físicos e inmateriais, é un dos moitos nomes que podemos…
Manuel Pérez Lorenzo A expansión do anarcosindicalismo ao rural José Monzo, xunto a outros cadros cenetistas de Sada, desenvolveu tamén unha intensa labor proselitista ao longo das parroquias do municipio co obxecto de expandir ao campo o modelo de organización sindical da CNT. A celebración de mitins e reunións para animar aos veciños a se constituíren en sindicatos sería unha constante…
Xosé Anxo Seoane Cao O hórreo, canastro ou cabaceiro é unha construción destinada a secar e gardar o millo antes de mallalo. Hai moitos tipos, pero todos obedecen a un mesmo fin para o cal necesitan certas condicións específicas que se poden concretar en dúas: ventilación para secar o gran e defensa contra os roedores. O prototipo de hórreo consiste nunha…