Opinión e actualidade
Un ano despois da execución da sentenza de Meirás; sensación agridoce
Un ano despois de que o Estado tomase posesión do Pazo de Meirás, foron moitas as cousas que pasaron. Os Franco están a dar batalla por todos os bens (mobles e inmobles). Desde o noso punto de vista, tan só o noso concello deu a batalla acaidamente contra as pretensións de recuperar a propiedade. Nomeadamente…
Presentación dun novo número dos Cadernos de Estudos Locais. Nesta ocasión adicado ao mestre represaliado polo franquismo, Rafael Fernández Casas
Este vindeiro sábado organizareros nas escolas de Carnoedo desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo , unha homenaxe a Rafael Fernández Casas, o mestre de Souto asasinado no 36 polos fascistas. Estará presente o seu fillo Rafael, que tiña 6 meses e estaba na casa de Souto cando levaron ao seu pai. Estarán tamén representantes…
Un artigo sobre a campaña iniciada pola AC Irmáns Suárez Picallo para reclamar a declaración BIC do museo Carlos Maside
“A solución aos problemas de conservación do Museo pasa sen dúbida por unha intervención urxente e respectuosa da Xunta de Galicia. A súa declaración como Ben de Interese Cultural, como propón a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada, é unha medida imprescindíbel que tarda en ser executada.” Un artigo de Henrique Rabuñal de recomendada…
A ACISP participará mañá nas III Xornadas de Memoria Histórica
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo participará mañá sábado dia 27 de novembro na III Xornadas de Memoria Histórica organizadas pola Deputación de Pontevedra, nas que participará o membro da Xunta Directiva da Asociación Carlos Babío. Nesta ligazón podes consultar o programa: https://arquivos.depo.gal/-/actividade-iii-xornadas-de-memoria-historica
Duas interesantes propostas culturais esta fin de semana en Sada
Desde o Movimento Cultural ESPERTO remintennos estas dúas propostas culturais que organizazarán en Sada este vindeiro venres e sábado. Para mañá día 26 ESPERTO traenos a Maneiro á Casa da Cultura para presentarnos o seu último traballo “Palabras de un desconocido”. A actuación será ás 21:00 horas e a entrada será de balde. Para este…
Capacitismo e discafobia. O que non se nomea non existe
Carmen Saavedra Fai unha proba. Escribe «capacitismo» no teu móbil ou no teu ordenador. O texto preditivo non é capaz de anticipalo e o corrector do Word subliñou esa palabra en vermello. Fai outra proba. Pregunta ao teu redor cantas persoas escoitaron algunha vez esa palabra. Ou «discafobia». Con toda probabilidade, o resultado sexa algo…
Onte, novo acto da AC Irmáns Suárez Picallo cheo de contidos culturais
Presentación do Caderno de Estudos Xerais adicado a Xela Arias Comezou o acto coa presentación do Caderno de Xerais titulado “Xela Arias: liberdade, subversión, innovación” a cargo do presidente da AC Irmáns Suárez Picallo Francisco Pita, e o Coordenador e responsábel da edición do Caderno Henrique Rabuñal. O Caderno está editado en papel e tamén…
A AC Irmáns Suárez Picallo valorou hoxe en Radio Coruña a recollida de sinaturas para reclamar a declaración como BIC do museo Carlos Maside
O Secretario da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo Abel López Soto, no dia de hoxe en Radio Coruña valorando a campaña de recollida de sinaturas por parte da Asociación reclamando a declración como Ben de Interese Cultural do Museo Carlos Maside.
Novo acto da AC Irmáns Suárez Picallo este venres día 19
Este vindeiro venres organizamos desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo un acto público cheo de contidos culturais. Así, presentaremos o Caderno de Estudos Xerais adicado a Xela Arias e que coordinou Henrique Rabuñal, e o nº 23 da Revista Cultural de Sada Areal. Entre os contidos da revista está a publicación dos poemas gañadores do Certame Literario (Re)inventando Xela…
A campaña da AC Irmáns Suárez Picallo pola declaración BIC do Museo Carlos Maside, nos medios
👉Asina aqui o Manifesto 👉Ver aqui os apoios ao Manifesto
A AC Irmáns Suárez Picallo promove unha recollida de sinaturas para a declaración BIC do museo Carlos Maside
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo promove unha recollida de sinaturas para instar á Xunta de Galiza á declaración como Ben de Interese Cultural do continente e o contido do Museo Carlos Maside de Sada. Dita campaña realizase diante do lamentable abandono desta infraestructura cultural de incalculable valor, que alberga obra de Castelao, delcarada BIC….
O vicepresidente da AC Irmáns Suárez Picallo Manuel Pérez Lorenzo na TVG
Participou na emisión de onte da TVG onde deu un repaso pola historia do Pazo de Meirás Podes ver o programa nesta ligazón: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-historia-do-pazo-de-meiras?t=245
Acompañamos a Adela Figueroa na presentación do seu libro “As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida”
Onte foi dia de presentación do libro de Adela Figueroa Panisse “As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida”, nun acto coorganizado polas Asociacións Culturais AC Irmáns Suárez Picallo de Sada e a AC Roxín Roxal de Paderne. O acto celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Sada e nél tivemos ocasión…
PRESENTACIÓN EN SADA DO LIBRO DE ADELA FIGUEROA “AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA”
O vindeiro 22 de outubro as 20:00 horas presentaremos no salón de plenos do Concello de Sada (edificio da antiga Axudantía de Mariña) o libro de Adela Figueroa “As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida. Este acto de presentación está coorganizado polas asociacións AC Roxin Roxal e AC Irmáns Suárez Picallo.
UN ANO MAIS, LEMBRAMOS A RAMÓN SUÁREZ PICALLO
Como cada ano, conmemoramos no cemiterio do Fiunchedo o día (14 de outubro) do seu falecemento (1964) e do seu regreso a Sada dos seus restos (2008).
NO CENTENARIO DA FEDERACIÓN DE SOCIEDADES GALEGAS DA REPÚBLICA ARXENTINA
Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926. De pé aparecen Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo O 24 de setembro realizouse un congreso constituínte no que se integraron doce das numerosas sociedades parroquiais e comarcais que existían en Arxentina. O 30 de outubro aprobaron a súa primeira Carta orgánica…
VISITA A SADA DOS ESCRITORES CHILENOS EDMUNDO MOURE E MARISOL MORENO
Na Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo mantemos unha estreita relación co escritor chileno de orixe galega Edmundo Moure, desde que no ano 2008 visitara Sada con motivo da traída dos restos de Ramón Suárez Picallo. Edmundo cedeu á ACISP centenares de artigos que Picallo escribíra na súa estadía en Chile. Ademáis, Edmundo impartíu clases de…
UNHA REPORTAXE DE INTERESE SOBRE O MUSEO CARLOS MASIDE
El declive del museo Carlos Maside: un “conjunto único” en la encrucijada
A AC IRMÁNS SUAREZ PICALLO PARTICIPARÁ NO ACTO DE REINVIDICACIÓN DO MUSEO CARLOS MASIDE CONVOCADO PARA ESTE VINDEIRO SÁBADO
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo participará no acto de reinvidicación do Museo Carlos Maside para que sexa declarado Ben de Interese Cultural e que sexa aberto ao público convocado polo Bloque Nacionalista Galego de Sada. Animamos pois ao conxunto da cidadanía a participar neste acto que reclama a posta en valor e a recuperación…
O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ORGANIZA UNHAS XORNADAS SOBRE O MUSEO CARLOS MASIDE PARTICIPADAS POLA AC IRMÁNS SUÁREZ PICALLO
A xornada leva por titulo “O Museo Carlos Maside. Un patrimonio cidadán” e se celebrarán en Compostela e Sada entre os días 27 e 28 de setembro. Nelas participará Manuel Pérez Lorenzo vicepresidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. O Museo Carlos Maside (1970) é un dos proxectos creados ao abeiro do Laboratorio de Formas…
A AC IRMANS SUAREZ PICALLO EN MEIRÁS
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organizou durante todo este verán que remata mañá día 22 de setembro visitas guiadas para colectivos, asociacións e persoas interesadas na Memoria que agocha a antiga propiedade dos Pardo Bazán. Este vindeiro luns 27 de setembro celebrará as ultimas visitas que vimos organizando todos os luns no Pazo…