Opinión e actualidade
A AC Irmáns Suárez Picallo celebrou asemblea anual
No salón de plenos municipal reuníronse as socias e socios da ACISP para debater e aprobar o balance económico e a memoria de actividades correspondentes ao ano 2021, así como o orzamento e a proposta de actividades para o 2022. Todos os puntos foron aprobados por unanimidade e poden consultarse aquí: Tamén se aprobou conceder…
A AC Irmáns Suárez Picallo en “Praza Pública”
A Asociación Suárez Picallo advirte de que a declaración BIC da biblioteca de Pardo Bazán deixa desprotexido parte do patrimonio O colectivo de Sada considera que o Estado debe demandar “a propiedade de todos os bens do Pazo de Meirás” para garantir a protección íntegra dun patrimonio que vai máis alá dos libros contabilizados na…
O goberno da Xunta de Galiza declara Ben de Interese Cultural a biblioteca da escritora Emilia Pardo Bazán
A declaración BIC afecta a 3200 libros que están actualmente en Meirás, aproximadamente unha terceira parte dos existentes no pazo. Non obstante, non protexe os bens mobles; por poñer un exemplo: nin as librerías nin a mesa de traballo da escritora quedan protexidas. Entendemos a preocupación da Xunta por protexer eses libros, pero pensamos que…
A AC Irmáns Suárez Picallo coas Tanxu sempre !!
No Luar da TVG dedicaron este último programa ás Tanxugueiras. Alí estabamos nós co noso chío de apoio !
A AC Irmáns Suárez Picallo escollerá novo presidente o luns 21 de febreiro
Paco Pita, socio fundador e presidente desde o nacemento da asociación, decidiu deixar a presidencia e non presentarse á reelección O luns 21 de febreiro a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo celebrará unha xunta xeral ordinaria para a aprobación, se procede, da conta xeral correspondente ao ano 2021 e do orzamento correspondente ao exercicio 2022….
O xoves día 10 acompañaremos a Ricardo Seixo na presentación de tres poemarios do autor
Estará acompañado polo grupo musical Maraxe O vindeiro xoves 10 de febreiro acompañaremos ao poeta Ricardo Seixo na presentación de tres libros do autor. O acto terá lugar na Capela de San Roque (Praza de San Roque de Sada) ás 20:00 horas
O grupo parlamentario do BNG dános traslado de diferentes iniciativas relacionadas coa demanda de declaración BIC do Museo Carlos Maside
Este pasado venres, varios membros da directiva da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo presentaban no Parlamento de Galicia máis de 1700 sinaturas de apoio ao manifesto que reclama a protección e declaración como Ben de Interese Cultural do Museo Carlos Maside. Tras facer entrega destas sinaturas no rexistro do Parlamento, os representantes da Asociación mantiveron…
A AC Irmáns Suárez Picallo presentou aos grupos do parlamento de Galicia 1745 sinaturas que avalan o Dereito de Petición da declaración BIC do Museo Carlos Maside
Despois de rexistrar o dereito de petición para que sexa declarado Ben de Interese Cultural o Museo Carlos Maside, o presidente, o secretario e o tesoureiro da Asociación entrevistáronse esta mañá cos representantes dos grupos parlamentarios do Partido Popular, do Bloque Nacionalista Galego e do PSdeG-PSOE Os tres grupos coincidiron na necesidade de que se…
Últimas horas para asinar o manifesto para demandar a declaración BIC do museo Carlos Maside
A AC Irmáns Suárez Picallo fará entrega o vindeiro venres 28 de xaneiro dos apoios ao manifesto para demandar a declaración BIC do museo galego de arte cntemporaneo Carlos Maside no rexistro do Parlamento de Galicia. A asociación sadense solicitará tamén unha entrevista cos diferentes grupos parlamentares co fin de conquerir un compromiso decidido coa…
Acto de presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”
No serán de onte acompañamos a Roberto Mera no acto de presentación do seu traballo titulado Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Este acto, organizado pola AC Irmáns Suárez Picallo e no que colaborou a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, foi presentado polo secretario da asociación Abel…
O diario “La Opinión” publica unha reportaxe sobre un artigo da revista Areal
O xornal La Opinión A Coruña publicou no día de hoxe unha reportaxe sobre un dos contidos seleccionados no último número de Areal, relacionado co 20º aniversario da suspensión cautelar do proxecto urbanístico que fora coñecido co nome de “Porto Infanta”. Nel faise un percorrido pola loita contra a construción desta urbanización e porto deportivo…
Presentación dun libro na biblioteca Ramón Suárez Picallo
Este vindeiro venres día 14 de xaneiro acompañaremos a Roberto Mera na presentación do seu libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Será na Biblioteca Ramón Suárez Picallo, na Casa da Cultura de Sada, ás 20:00 horas.
A AC Irmáns Suárez Picallo participou hoxe na homenaxe que brindou a Deputación a Francisco Tettamancy
A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo participou no día de hoxe, xunto coas taméns asociacións culturais Cultura Aberta de Carral e Alexandre Bóveda da Coruña e mais a deputada impulsora da iniciativa para a declaración como BIC do Monumento dos Mártires de Carral, Mercedes Queixas, na homenaxe a Francisco Tettamancy. Esta iniciativa foi organizada polas…
A revista Ortegal faise eco do acto de homenaxe ao mestre Rafael Fernández Casas organizado pola AC Irmáns Suárez Picallo
Emotiva homenaxe en Sada a Rafael Fernández Casas, mestre da Devesana asasinado no 1936 CRÓNICA DUNHA HOMENAXE MOI EMOTIVA O pasado 11 do mes en curso o morno sol dun outono fuxidío bañaba en Carnoedo (Sada) a costa ártabra para iluminar un dia que se presentaba inesquecible para Rafael Orientado, o fillo de Rafael Fernández Casas, o exemplar mestre da SIR A…
Todo o noso apoio a Tanxugueiras !!
Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro forman o grupo Tanxugueiras que estiveron con nos o pasado mes de xuño apoiandonos de maneira totalmente desinteresada na loita contra a impunidade franquista en Meirás. Estiveron amenizando a reivindicación desde o compromiso e coa a arte.Agora tocanos a nós apoialas !! Desde a AC Irmáns Suárez Picallo moito animo e a…
Matar a cultura para matar a liberdade
Un artigo de Marta Villar publicado no diario La Opinión de A Coruña sobre o acto de homenaxe a Rafael Fernández Casas, organizado pola AC Irmáns Suárez Picallo este pasado sábado día 11 en Carnoedo. Accede aquí ao artigo
A língua galega e a mocidade sadense na actualidade
Na tarde-noite de onte, presentamos o Caderno de Estudos Locais adicado á situación da língua galega entre a mocidade sadense na actualidade. No acto de presentación do Caderno, que podes descargar desde este sitio web, participaron os membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Abel López Soto e Manuel Pérez Lorenzo respectivamente, e o autor…
Xa dispoñible en versión dixital o nº 23 da revista AREAL
Xa está dispoñible en areal.gal o número 22 da Revista Cultural de Sada “Areal”, tanto na súa versión dixital como en pdf. – Acceder á versión dixital de Areal nº 23 – Acceder á versión en pdf de Areal nº 23 – Acceder á Hemeroteca da Revista Areal Lembra que a revista Areal editada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en papel, pode recollerse…
Na lembranza de Rafael Fernández Casas. Mestre asasinado polo fascismo
Na mañá de hoxe celebramos na Casa do Pobo de Carnoedo, un emotivo acto de presentación do novo número dos Cadernos de Estudos Locais que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, e que esta adicado ao mestre Rafael Fernández Casas, asasinado polos fascistas en agosto de 1936. No acto contamos coa presenza do seu…
Un ano despois da execución da sentenza de Meirás; sensación agridoce
Un ano despois de que o Estado tomase posesión do Pazo de Meirás, foron moitas as cousas que pasaron. Os Franco están a dar batalla por todos os bens (mobles e inmobles). Desde o noso punto de vista, tan só o noso concello deu a batalla acaidamente contra as pretensións de recuperar a propiedade. Nomeadamente…
Presentación dun novo número dos Cadernos de Estudos Locais. Nesta ocasión adicado ao mestre represaliado polo franquismo, Rafael Fernández Casas
Este vindeiro sábado organizareros nas escolas de Carnoedo desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo , unha homenaxe a Rafael Fernández Casas, o mestre de Souto asasinado no 36 polos fascistas. Estará presente o seu fillo Rafael, que tiña 6 meses e estaba na casa de Souto cando levaron ao seu pai. Estarán tamén representantes…