Este vindeiro venres día 14 de outubro, celebraremos no Fiunchedo un novo acto de lembranza a Ramón Suárez Picallo

Como todos os 14 de outubro, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo celebrará un acto de homenaxe e lembranza a Ramón Suárez Picallo, coincidindo co aniversario do retorno dos seus restos mortais desde o cemiterio da Chacarita en Buenos Aires ao cemiterio do Fiunchedo en Sada no ano 2008. O acto terá lugar no propio…

Ler máis

Nace Boadicea Editora para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego

Nace Boadicea Editora para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego, centrada nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros. A editora achega tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores…

Ler máis

Acto do Día da Galiza Mártir na Caeira (Poio).

Onte celebrouse o Día da Galiza Mártir. Entre os actos programados estaba a entrega do premio Galiza Mártir que outorga anualmente a Fundación Alexandre Bóveda e que este ano foi entregado aos membros da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo Manuel Pérez Lorenzo (presidente) e Carlos Babío UrKidi (tesoureiro). Deixamos a continuación ligazóns a diferentes crónicas…

Ler máis

Carlos Babío e Manuel Pérez, directivo e presidente respectivamente da AC Irmáns Suárez Picallo, recibirán mañá o premio Galiza Mártir en Poio

Este mércores 17 de agosto, coincidindo cos actos organizados con motivo do Día da Galiza Mártir en Poio -no lugar onde asasinaron a Alexandre Bóveda-, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío, presidente e tesoureiro respectivamente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, recibirán o premio Galiza Mártir. A entrega, enmarcada como acto principal dentro da programación…

Ler máis

Xa dispoñible en versión dixital o nº 24 da revista AREAL

Xa está dispoñible en areal.gal o número 24 da Revista Cultural de Sada “Areal”, tanto na súa versión dixital como en pdf. –  Acceder á versión dixital de Areal nº 24 –  Acceder á versión en pdf de Areal nº 24 – Acceder á Hemeroteca da Revista Areal Lembra que a revista Areal, editada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en papel, pode recollerse na…

Ler máis

Este pasado sábado visitamos da man da AC Terras do Ortegal, a escola indiana de Devesos e outros puntos do concello de Ortigueira.

A visita contou cun encontro con Orientado Fernández, fillo de Rafael Fernández Casas, mestre da escola de Souto en Sada e en Devesos (Ortigueira) asesiñado en 1936 e motivo real da viaxe a Ortigueira da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, A visita foi guiada en todo momento pola AC Terras de Ortegal a quen queremos…

Ler máis

Maña xoves inaugurase unha mostra sobre María Casares na que a AC Irmáns Suárez Picallo cedeu materiais

O concello da Coruña inugurará mañá xoves día 12 de maio ás 19:00 horas a exposición que leva por título “”María Casares. Actriz Océano” e que terá lugar no Palacio de Exposicións “Kiosko Alfonso” sito nos xardíns de Méndez Núñez. Para esta exposición solicitousenos a aportación temporal dun album fotográfico elaborado polo seu alumnado tras…

Ler máis

A AC Irmáns Suárez Picallo guiou visitas ao Pazo de Meirás para o CFR este pasado sábado, organizadas pola conservadora da Casa Museo Pardo Bazán

Este pasado sábado, e a petición da Conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, tivemos o inmenso pracer de guiar duas visitas ao Pazo de Meirás para o CFR (Centro de formación e recursos para o profesorado). Durante a tarde celebramos dúas visitas en dous grupos diferentes, que foron guiados polos membros da Asociación Cultural…

Ler máis