Diferentes entidades de Sada unimos esforzos para desenvolver hoxe a primeira actividade do proxecto “Sada, camiño a camiño”

O Club Ciclista Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, a Asociación de Veciños da Obra, a Asociación de Veciños Armental de Carnoedo e a Sociedade Galega de Historia Natural, unimos esforzos para presentarmos o proxecto “Sada, camiño a camino”. Trátase dunha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña nas que queremos xuntar…

Ler máis

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña vén de conceder o título de Republicano de Honra 2024 ao noso socio Jesús Castro Vidal.

Esta escolla forma parte dos actos e actividades que a CRMH da Coruña desenvolve cada ano ao redor do Día da República que vén organizando desde o ano 2008, ano tamén do nacemento da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. Jesús Castro é un defensor e loitador incansábel da memoria republicana, da que conserva lembranzas desde…

Ler máis

Luísa Villalta volve ás aulas de Sada cunha homenaxe dos escolares impulsada pola Real Academia Galega

“Somos moitos os que aprendemos con ela a amar a nosa lingua”, di o alcalde, que foi alumno da poeta Texto publicado orixinalmente e extraido do xornal “La Opinión” Mais información na web do CEIP “Sada y sus Contornos” A Real Academia Galega celebrou onte en Sada a Primavera das Letras, un acto en homenaxe…

Ler máis

A ACISP colabora con “Rutas de Historia” nun roteiro guiado polo Pazo de Meirás e o concello de Sada

Partindo das obras: “A ladroa da biblioteca do Pazo de Meirás” (Eva Mejuto) e “Meirás: Un Pazo, un caudillo, un espolio” e “Meirás, un Pazo para el Caudillo” (Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi) exploraramos a historia e a memoria de Sada: as revoltas campesiñas, o legado literario de Emilia Pardo Bazán e o…

Ler máis

Reivindicando o acceso á beleza: Museo Carlos Maside

Este vindeiro luns, día 2 de outubro, ás 19:30 horas, as asociacións AC Alexandre Bóveda e AC Irmáns Suárez Picallo organizamos unha palestra: Reivindicando o acceso á beleza.  Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, con Mercedes Queixas, deputada do Bloque Nacionalista Galega, Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na USC  e Manuel Pérez Lorenzo presidente da AC Irmáns Suárez…

Ler máis

A ACISP formula alegacións ao expediente de declaración BIC do Museo Carlos Maside

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, ven de presentar diante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades, escrito de alegacións ao expediente que incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural o edificio do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside, no termo municipal de Sada (A…

Ler máis