Charla de Xavier Brisset

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organiza o vindeiro venres día 2 febreiro as 20:00 na capela de San Roque de Sada, unha charla de Xavier Brisset titulada “A sabedoría dos pescadores sadenses e os criterios científicos actuais“. Xavier Brisset publicou a este respecto un artigo no último número da revista Areal titulado “A sociedade…

Ler máis

Un traballo sobre algunhas pezas patrimoniais depositadas no Pazo de Meirás

Javier García Gómez danos traslado de un artigo seu publicado na revista NALGURES XXI, presentada recentemente e dispoñible na web estudioshistoricos.com. Contén algunhas pezas depositadas no pazo de Meirás froito do espolio franquista. En concreto das pías bautismais orixinais da igrexa de San Xián de Moraime, en Muxía e de dúas pezas graníticas situadas na casa…

Ler máis

Xa dispoñible o Caderno de Estudos Locais adicado a Manuel Suárez de Concha

Desde hoxe temos dispoñible en Areal.gal o formato dixital do Caderno de Estudos Locais adicado a Manuel Suárez de Concha que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. No ano 2023 fixo medio século da primeira exposición –logo das experiencias na emigración– de Manuel Suárez de Concha en Sada. En Galicia. Cincuenta anos ao longo…

Ler máis

A miseria como castigo. Represión económica e laboral na Sada da Guerra Civil e da primeira posguerra

O día 23 de xullo do ano 1936, a vila de Sada era tomada por unha columna do exército procedente de Betanzos. O municipio, caracterizado nos anos previos polo seu dinamismo político e social, pola forte implantación do sindicalismo anarquista e o control da administración municipal polo republicanismo moderado, quedaba agora en mans dos militares…

Ler máis

Manuel L. Freire-Calvelo; O xornalismo ao servizo de Sada

Loitador abnegado na procura dunha maior xustiza social, escritor comprometido, promotor de revistas e asociacións, publicista dos reclamos turísticos de Sada, Freire-Calvelo foi a voz máis sobranceira do xornalismo de ámbito local na nosa vila. Realizaremos un repaso pola biografía e pola actividade periodística desta figura clave para comprendermos a Sada do século XX. Manuel…

Ler máis

Presentamos un novo Caderno adicado ao sadense Jose María Montes

Na tarde noite de onte presentamos un novo Caderno de Estudos Locais, nesta ocasión adicado ao polifacético sadense Jose María Montes coincidindo co segundo centenario do seu nacemento. O acto estivo organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, editora do caderno, e nel participaron integrantas da Escola de Teatro Municipal quenes interprearon textos de Jose…

Ler máis

José Mª Montes

Notas biográficas José María Montes, figura de relevancia no panorama político e literario galego do XIX, estivo profundamente ligado a Sada. Polo seu nacemento, pero tamén porque casou coa súa veciña Rita Arias Calviño, do pazo do Castro de Enriba, o que o levou a morar nesta casa –alternando residencia coa Coruña– durante boa parte…

Ler máis