MULLER GALEGA
Quijote Ti fuches folla de herba seca, e barro, de canto niño houbo quentado o mel do que medrou a luz, e o sal: “do noso”. Ti: a mai… o doce alento sereno; o xunco que abanea nas ideas; o ferro que sosteña o que ha chegar.
Quijote Ti fuches folla de herba seca, e barro, de canto niño houbo quentado o mel do que medrou a luz, e o sal: “do noso”. Ti: a mai… o doce alento sereno; o xunco que abanea nas ideas; o ferro que sosteña o que ha chegar.
Adela Figueroa Panisse Eu tenho um adibal Trançado, marelo, gastado: Hei de te prender com ele. Minha i-alma, Nunca t’ hei de largar. Hih!, Hagh!, Lá vai! Polo ar lançal, o meu adibal
Edmundo Moure Rojas E as chamas que queiman o carballo viril e teste, nada poden contra estas memorias transeuntes, de fíos de non se sabe que novelo veñen, nin quen tece con eles. Álvaro Cunqueiro Micaela ós 28 anos BIOGRAFÍA* Micaela Souto Portela naceu no casal de A Ermida, concello de A Baña, provincia de…
Antonio Sandoval Rey Primavera. A natureza conversa. Nunha bisbarra como a nosa, que é Reserva da Biosfera, faino cun vigor especial. Ou cando menos iso nos semella a quen nos esforzamos por escoitar. Escoitar así é intentar descifrar, científica e animicamente, todas esas linguaxes: o que se din as árbores, as flores, os insectos, os…
Adaptado por Adela Figueroa Panisse “E dormindo aqui ou acolá. Umas vezes num palheiro…” Orixinal de M. Suárez de Concha Na aldeia de Trasmonte havia um padre que gostava muito de fazer burla de seus paisanos. Nomeadamente quando os via que erão bem guiadinhos e de aspecto manso.
Quijote “–Ei… Señor Cura! Cando poderemos ver ó santo?” Orixinal de M. Suárez de Concha Inda que máis morto que vivo, el segue en pe, manténdose impertérrito no seu sitio de sempre na rúa Linares Rivas de Sada. Verdadeiramente dáme pena velo así de abandonado. Son tan bos os recordos que gardo, vividos entre a…
Theodoro Elssaca Sobre la arena duerme un perro azul mientras las gaviotas sobrevuelan el oscuro malecón adormilado Allí la ola revienta en malaquita azul Parece que nada ocurriera, al fondo permanecerá el eterno azul el mismo azul turquí que viera Darío desde el litoral de Valparaíso Espera inquietante en la estación del tren azul abandonado…
Theodoro Elssaca Un relámpago baja del cosmos, entre la fugacidad de los momentos y el témpano del cuerpo inerte, sin alma, entrando en la oscuridad de la tierra. Federico había sido en el impenitente enigma, mano a mano con las Parcas dio una fiera riña, avanzando hacia la noche, con sus cuerdas trémulas, a punto…
Ricardo Seixo Manuel María, con Celestino Fernández de la Vega, Eduardo Blanco-Amor e Nemesio Barxa e Manuel María, no Museo Carlos Maside (Sada) en agosto de 1972. Arquivo da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Vaise o Miño entre ameneiros, silentes brizos e ardoras son testemuñas cantoras destes teus días primeiros.
Quijote Estábase quedando unha anoitecida moi agradable así que, antes de marchar para casa, fun dar un paseo ó carón do mar. O sol afundíase ao lonxe e as luces do peirao xa comezaban a brillar timidamente enriba das ondas. Cun sorriso apoucado e os ollos perdidos no pensamento, daba conta da miña felicidade. É…
Adela Figueroa Panisse Dedicado a Manuel Lugrís Freire Sada, noutro tempo, era uma vila que, «a xentil e bonita non lle empata ningunha outra vila mariñeira… …a vila está no final de uma campiña feiticeira e ridente guardada pelo Couto e pelo alto de Ouces, como uma xóia, para que não a firam os ventos»…
Vanesa Santiago Vázquez En lembranza de Manuel González Recamán, o meu tío Véxote entre as redes, sentado, cadeira que ranquea, parolando tan alleo a min e tan alegre. Non estás so, ben sei: Agarimas a lúa. O teu sorrir despraza o refluxo dos mares.
Xoán Xosé Fernández Abella Era todo nobreza e amizade profunda, un crente verdadeiro, galego excepcional, a quen o amor o peito do seu empuxe inunda. Gran defensor do propio. Aberto ó universal.
Vanesa Santiago Vázquez Comeza coma un burbullar no medio da ría mentres vibra o chan baixo os meus pés. Os bancos de peixiños de porto e os muxes que habitualmente roldan as saídas de augas turbias foxen estarrecidos ao mar de fóra sen que ninguén se decate. É daquela cando baixa bruscamente o nivel da…
Quijote Canso, cos ollos feridos pola néboa e cheirado a peixe coma se levara con el todo o refugallo da lonxa, ía subindo Ramón moi preguizosamente pola rampla do Muro de Fontán cara a súa casa na rúa Areal. Só levaba no pensamento a imaxe do catre onde deitarse. Deitarse era todo o que desexaba.
Quijote Había xa varios días que a Xurxiño non o deixaban pasar a ver ó seu avó –¡Co que lle gustaba acuruxarse con el na cama para escoitar as súas historias!–. Ó parecer tiña non sei que dor e non se lle podía molestar. De xeito víase dende entón un rebulir de xente entrando e…
Helena Villar Janeiro Non veño aquí para negar a morte anque puidera, pois sabermos que vós, que sodes grandes, ides co resplandor na Alba de Gloria [marcándonos camiño, dinos ás claras que morrer é tránsito para seguir na vida dando luz aos nosos pasos torpes que precisan guieiros. Non veño aquí para negar a morte…
Vanesa Santiago Vázquez A ti che falo, muller atormentada, malia que non sei o teu nome de pía; a ti, que fuches maltratada e malferida, e en arrastrado verme convertida; onde fuxiches, esmagada e vencida?
Xosé Anxo Seoane Cao Os Xogos Florais instaurados na antiga Roma (Ludi Floreales) dedicados á deusa Flora, tiñan un carácter erótico e sensual que pouco tiñan que ver cos xogos florais instituídos posteriormente en 1324 na cidade de Toulouse (Francia), rexistrados en lingua provenzal. A través dunha carta circular, convocábase a todos os trobadores ou…
Vanesa Santiago Vázquez Marchaches, como outros tantos, esperanzado, de morriña ateigado, das costas deste mar que ondea estraño por perderte a ti, e a outros tantos.
Quijote Algunha que outra tarde-noite de lúa -maiormente no limiar do verán- reencontrámonos. Elas xa saben que sempre estou alí: na punta do dique de Sada -coma se fora o seu mascarón de proa-. Cando as vexo buligar cun ferver de prata no mar, sei que me están a saudar. Miñas pombas…!
Manuel B. Dans Unha súpeta dor de moas representa un perfecto golpe de estado ao rutinario decorrer da nosa existencia; resulta, ademais, a manifestación máis elocuente do indesexábel e abusivo que pode chegar a se revelar o senso alxésico que todos traemos a este mundo, necesario, porén, para percibirmos danos corporais e poder reaxir antes dunha desfeita maior. Por iso, afirmar que non…