COSERNOS CO CABLE DA FUNAMBULISTA

  Emma Pedreira Desequilibrio-naufraxio-refuxio-intemperie. In-tem-pes-ti-va. Recoñecemos certa Xela Arias porque hai un pouso do que nos deixou que pervive tanto despois da desaparición: Hasme oír, a unidade componse da desorde, ba-leirate-me. Rompeunos os esquemas e os poemas e artellou linguaxe e discurso como fai un/ha tedax cun obxecto sospeitoso que latexa no medio do nada….

Ler máis

A VIAXE DE PANDORO

 Xacobe Anido Castro Baixa Idade Media: Século XIV Acababa de rematar a Peste Negra, tamén chamada como «Morte Negra», en España. A miña muller acababa de ser unha das moitas vítimas da peste, e eu refuxiábame no dormitorio da miña casa en Segovia. A miña casa era unha das máis grandes e luxosas do tempo. 

Ler máis

Poema

 Emma Pedreira  Proba  –desafíote–. Proba a escribir un poema de nós e que non diga pel labios dedos  que non diga sede e dano  que pase por ti e non fracture cada sílaba da lingua mentres se enlea nun cabelo solto  que ignore que hai centímetros salgados e poros comburentes.  Proba a eliminar a palabra…

Ler máis

SOL DE DECEMBRO

 Paris Joel Aínda que o ceo amose as engurras máis feroces E a choiva sexa máis perpendicular no inverno, Nada molla tanto coma o Sol de decembro. Esa caloriña que ferve no verde campo, Que agudiza o primeiro sorriso da mañá, Ese aire okupa nos pulmóns deshabitados [da esperanza, Lume para o lixeiro camiñar dun…

Ler máis

FOOTBALLS1

Nacho Taibo Sublime profesor honesto, alcohólico oculto, a Cuniberto foille ben até que se espallou. Non só para os achegados, nin á sociedade galega, senón á Europa enteira.  Idea única, recorrente, axiña chegou a apóstolo. Moito debía á súa biografía, un neno de mamá que desatendía os gustos do pai. Até a saciedade repetiu o…

Ler máis

O SETE

 Xoanseca Ilustración orixinal de Eduardo Seoane Riveira —Ostras, e agora que demos fago! Andaba na procura dun lugar de especial fermosura nas beiras do río Mandeo do que oíra falar, pero quedei atoado nunha corredoira dos montes da zona. O meu Citroën 2 CV non andaba nin para adiante, nin para atrás. Non era un…

Ler máis

A MULLER PLANTA

Vanesa Santiago Vázquez Adicado a Isabel Barcón e as súas mulleres-planta Unha vez fun unha muller-planta recuberta cunha manta de flores. Fun unha muller-planta e terra, das que son meigas e inventan novas cores. Xunto ao cheiro a cera dun día de febreiro, levaba comigo o arrecendo a mimosa. Mollaba as mans de zume e,…

Ler máis

THE OMEGA MAN

París Joel Pel de lúa, fría prata, pálida faciana, vento en popa cara a Oesternesse, terra hiperbórea de nubes preguiceiras, cansas dun encerro biolóxico, bélico, soterrado e travestido en simple néboa onde todos somos invisibeis, mazaias fronte o coronel Neville, gardián das rosas, dos caraveis, dos fusís.

Ler máis

AS NOITES DE LUA

Manuel Gonález Prieto Oíanse cantaruxadas con voz doce e suavemente disposta no teito arrolando a nena para que adormeza e non chore no repouso e no sono mesturando as cores na parede celeste dun pequeno cuarto onde monocorde repite a mesma cantarela até que descadra namentres alguén lle rouba o seu hedonismo ilustrado a noite…

Ler máis

UN POEMA DE MIGUEL MOSQUERA

Miguel Mosquera García Maldita está a soidade desta miseria as rás cantan un rorró asediante mergulladas no caldo atafegante onde reinan a paixón e a histeria Ás ras quéncenlles as ancas tesas cando cantan os salmos no convento compadecendo de Cristo, o lamento pagan cotas por ser, de fe, salesas Levitan os sapos a testa…

Ler máis

ESPELLOS

Nacho Taibo Coñecía moi ben o D’alí, tan estreito, suficiente para min no coñac raspón barato e xeneroso… Hoxe serán non sentei na barra. Foi nun andel lateral. Entón vin todo. Vivino. O tallo fica entre dous espellos escuadrados, con outro oblicuo na barra: víame sete veces repetido desde todos os ángulos, todos os puntos…

Ler máis

EMIGRACIÓN

Xacobe Anido Castro Un día, cando fun visitar o meu bisavó, fomos a unha cafetería que ficaba por alí. Sentamos, el pediu un café e eu un zume de ananás cando lle preguntei que a que idade marchou a Suíza. Foi entón cando comezou a falar da súa emigración.

Ler máis

O PENALTI

Xoanseca Hai uns días atopeime con Félix Couce Sánchez, Lucho para os amigos. Había moitos, pero que moitos anos que non nos viamos e iso que de adolescentes eramos case inseparábeis. Fixemos a escola primaria xuntos e tamén o bacharelato. Despois, pouco a pouco, o transcorrer da vida foinos afastando, pero sempre mantivemos certo contacto…

Ler máis

O BERRO DE OUTÓN

Teresa Ramiro Choveu. No ceo a lúa apenas se deixa ver nesta noite dun novembro frío e gris. Resoa o mar a través das ondas que bican a area na praia de San Amaro, no ar séntese un berro, un berro capaz de atravesar as augas e o tempo; o mar ábrese para deixar ceibes todas as voces mergulladas. Un cántico…

Ler máis