Caderno de Estudos Locais 11

Nº 10. Setembro de 2011

CADERNOS DE ESTUDOS LOCAIS Nº 11

FRANCISCO VARELA POSSE

UN FOTÓGRAFO PARA SADA


Francisco A. Pita Fernández 
 Manuel Pérez Lorenzo

1. NOTAS BIOGRÁFICAS 1
Francisco A. Pita Fernández | Manuel Pérez Lorenzo

Francisco Varela Posse nace no pazo de Golán, na parroquia homónima encadrada no concello de Melide, no ano 1884. Era fillo do matrimonio formado polo propietario da casa, Claro Varela Deus, morgado dunha familia fidalga e funcionario do Ministerio de Fomento, e Dosinda Posse Nicolich, que nacera no pazo de Santa María de Sada 2.

Entre Melide e Sada vivirá a súa infancia. Posteriormente pasará varios anos en Santiago, realizando o bacharelato. Integrarase nos ambientes estudantís e, segundo el mesmo testemuñaba, pasarao “en grande” cos seus amigos.

A comezos dos anos 10 establecerase no municipio oscense de Fraga, traballando no xulgado, e no 1917 contraerá matrimonio na Coruña con Carmen Barros Lodeiro (El Noroeste, 05/10/1917), da que nacerá o seu primeiro fillo, Claro. Seguirá vivindo fora de Galicia ata a temperá morte da súa muller que, tras un paso por Madrid, decidirao a retornar a Galicia. Afincarase en Sada, onde vivía a súa familia materna, e xa non marchará.

No ámbito profesional, traballará sempre na Axudantía de Mariña como funcionario, e en xaneiro do 1933 aprobará en Madrid as oposicións para auxiliar da subsecretaría da Mariña Civil (La Voz de Galicia, 04/02/1933). Casará por segunda vez no 1924 con Catalina Turnes Dapena, de San Pantaleón das Viñas (El Ideal Gallego, 01/08/1924 e 13/08/1924). Deste matrimonio nacerán Francisco e Josefa -Fina- Varela Turnes. En Sada participará do entramado asociativo, exercendo como secretario da entidade Unión Gremial Mercantil, que agrupaba aos comerciantes da vila nos anos 30.

Varela Posse tivo moitas e diversas afeccións na súa vida: desde a música -tocaba o violín, o piano e, sobre todo, a guitarra-, ata a pesca de río, pasando pola caza, o fútbol e o ciclismo. Tal e como o definía a revista bonaerense Céltiga (12/12/1927), era un “artista nato, y por lo tanto bohemio y andariego”. Gustaba de percorrer os camiños en longos paseos. Mais, sen dúbida, a súa maior paixón foi a fotografía.

Desde moi novo, tivo a súa cámara propia. As primeiras fotografías que se lle coñecen datan da súa etapa en Huesca, en torno ao ano 1913. Xa instalado en Sada, a comezos dos anos 20, montaría o seu propio establecemento comercial, “Fotografía Mariñana”, emprazado na rúa da Obra nº 22. Varela Posse, segundo rezan os anuncios cos que publicitaba o seu negocio, realizaba “ampliaciones, reproducciones y toda clase de retratos”, así como “tarjetas postales y carnets para libretas de inscripción marítima, identidad y emigración” (Mariñana, 115/04/1925).

É tamén nesta época cando comeza a exercer como xornalista gráfico en diversas publicacións. En Sada, as súas fotografías, xunto coas do tamén fotógrafo local Alejandro Rodríguez, ilustrarán as páxinas da revista quincenal Mariñana, da que Varela era redactor gráfico, co seu amigo Manuel L. Freire-Calvelo como xefe de redacción. Pero ademais, axiña se ha converter no correspondente de xornais e revistas como El Faro de Vigo, El Pueblo GallegoVida Gallega, de Vigo, La Voz de Galicia, da Coruña, Céltiga, de Buenos Aires, Eco de Galicia, de La Habana, Semana e Ahora, de Madrid, etc.

Varela Posse, paisaxista ante todo, levará as vistas que tomaba de Sada ás portadas de revistas galegas e da diáspora. Os sadenses emigrados en América poderán ver retratados os seus lugares de orixe grazas ás súas fotografías. Freire-Calvelo, no 1928, publicaba a seguinte crónica sobre a exposición que o fotógrafo artellara no seu local da rúa da Obra (La Voz de Galicia, 01/12/1928):

Hemos visto la exposición de fotografías en el salón que en la calle de la Obra tiene instalada el redactor gráfico de las revistas “Vida Gallega”, de Vigo, “Eco de Galicia”, de la Habana, y “Céltiga”, de Buenos Aires; nuestro buen amigo don Francisco Varela Posse.

Las vistas y paisajes de distintos parajes de la villa y sus inmediaciones, son muy artísticas, llamando entre ellas mucho la atención la foto tomada exteriormente de la iglesia parroquial de Santa Marta de Babío (Bergondo); reconstruida e inaugurada en el octubre pasado. Felicitamos al Sr. Varela Posse.

1. Gran parte das informacións vertidas nestes apuntamentos biográficos débense á filla do fotógrafo, Fina Varela Turnes, e á súa total e constante colaboración, polo que manifestamos o noso agradecemento, así como tamén a Nieves Varela, neta de Varela Posse.
2. O seu pai, José Benito Posse y Aguiar, avó de Varela Posse, fora o alcalde do municipio, e o seu irmán, Francisco Posse Nicolich, ademais de detentar o mesmo cargo, sería deputado provincial durante décadas e mesmo Gobernador Civil da provincia. Outro irmán, Antonio Posse Nicolich, exercería como médico en Sada.


2. UN ARTIGO DE CÉLTIGA
Reproducimos o seguinte artigo, publicado o 12/12/1927 na revista Céltiga de Buenos Aires, que, entre outros, dirixía o sadense Ramón Suárez Picallo, e da que Varela Posse era correspondente gráfico nas Mariñas.
Gente de la casa
Francisco Varela Posse
Hacía mucho que teníamos gana de hablar de este inquieto amigo nuestro, que fue de los primeros en acoger cariñosamente en Galicia a esta hija bien querida nuestra que es CÉLTIGA. No lo hacíamos por un motivo muy poderoso: no sabíamos por donde empezar, tanto y tan interesante es lo que sabemos de él. Nos decidimos a hacerlo hoy porque en el último correo nos mandó un nuevo “feixe” de fotos preciosísimas que iremos dando en números sucesivos -¡de lo bueno poco!- y del que hemos sacado una que va en la tapa de este número.
Digamos, por primera providencia, que Varela Posse es artista nato y por lo tanto bohemio y andariego. Estuvo fuera de Galicia -donde nació y a la que ama hasta la adoración– más de 14 años, durante los cuales la nostalgia hizo descalabros tales en él, que cuando volvió a pisar su suelo, dijo: “de aquí no me muevo más”-
Grande deportista, fue futbolista, ciclista y actualmente se quedó con la caza. Fue también un excelente cultor de la música, y conoce la mayor parte de los instrumentos de cuerda; de cuando en cuando aún pulsa con delicadeza y eficacia una vieja guitarra, para matar las tardes de invierno. Y en tren de aficiones, hasta las tuvo taurómacas…
Ahora en la Ayudantía de marina de la villa de Sada, emborrona expedientes y consulta infolios por mandato imperativo del cocido cotidiano. De todas sus viejas aficiones, la que más lo emociona es la fotografía. Con ella espanta el aburrimiento vilengo. Por los atardeceres místicos, por las amanecidas jocundas y sonrientes sale de caza; mas no a cazar inofensivos avechuchos, sino a cazar lo que él llama “momentos”, y en vez de hacer puntería con la escopeta, la hace su máquina fotográfica. Los encantados valles mariñanes, los pinares rumorosos y solemnes, los recantos de la ría de fantasía, el añoso castillo de Curbeiroa que habla de viejos señoríos, las corredoiras y en fin, todo cuanto de bello y típico tiene Galicia son los motivos predilectos de su arte. De sus adquisiciones manda a CELTIGA magníficas remesas, que aquí recibimos como mensajes bien amados.
En su misiva última nos anuncia, con ese alborozo de niño grande, propio de los artistas, que acaba de adquirir nuevos elementos para la fotografía, y a renglón seguido una colección de paisajes, exclusivos para CELTIGA.
Y como lo queremos mucho y llevamos también algo de niños dentro, aguardamos como quien aguarda una preciada golosina.
A Sada dos anos 50 fotografiada desde Corbeiroa
O Castelo de Fontán no 1927
Vista da praia Sada desde Corbeiroa nos anos 20
O boliche na praia de Morazón
Riobao e a Chaburra nos anos 20
Vista de Fontán anterior á construcción do porto. En primeiro termo, as fábricas de salga e conserva
Escolas de Sada y sus Contornos
A Chaburra nos anos 20
Rúa Linares Rivas
Rúa Roque Barcia, actual Avda. da Mariña. Ao fondo, comezo da Avda. República Argentina, entón Rúa Agustín García
Praza de San Roque
Perspectiva da vila de Sada desde o Couto. Anos 20
O Cargadoiro no 1930, coas embarcacións amarradas
e as redes postas a secar
Mulleres traballando nunha fábrica de salga nos anos 20
Embarcacións varadas na praia nos anos 20
Pérez Lugín (1º pola esquerda) e outros veraneantes de tertulia na Lagoa (Ouces)
Saída dun tranvía no 1923, coa Terraza en construcción
O equipo de fútbol Vendaval, de Sada, no 1924
A agrupación folclórica A Troula a finais dos anos 20
As forzas vivas de Sada cun destacamento que acampara no Couto no 1930. O axudante de mariña José Ribero, o médico Antonio Posse Nicolich, o párroco Juan Villanueva, o alcalde Ángel López Vidal, o médico Eduardo Orozco Wais e o tenente de alcalde e odontólogo Gonzalo Pita da Veiga
Homenaxe a Manuel Lugrís Freire en Sada o 13 de xullo de 1930. A imaxe corresponde ao banquete celebrado na Terraza. De esquerda a dereita, a filla e a muller de Lugrís, Lugrís Freire e o alcalde de Sada Ángel López Vidal
Ao igual que outras vilas e cidades, Sada pode presumir de contar co seu fotógrafo histórico. O seu nome: Francisco Varela Posse. Polo obxectivo das súas cámaras desfilaron as paisaxes e as xentes da Sada dos anos 20 e 30, da que, grazas
a el, hoxe temos noticia visual.
As súas fotografías, de boa factura, ilustraron numerosas revistas de Galicia, Madrid e da diáspora (Buenos Aires, La Habana…), achegando aos emigrados a visión da terra que deixaran atrás. Co presente caderno iniciamos a recuperación
de tan interesante legado.
As fotografías que componen este caderno foron cedidas por Fina Varela e/ou extraídas das revistas Eco de Galicia (La Habana), Céltiga (Buenos Aires), Vida Gallega (Vigo) e Mariñana (Sada).
Por los atardeceres místicos, por las amanecidas jocundas y sonrientes sale de caza; mas no a cazar inofensivos avechuchos, sino a cazar lo que él llama “momentos”, y en vez de hacer puntería con la escopeta, la hace su máquina fotográfica. Los encantados valles mariñanes, los pinares rumorosos y solemnes, los recantos de la ría de fantasía, el castillo de Curbeiroa que habla de viejos señoríos, las corredoiras y en fin, todo cuanto de bello y típico tiene Galicia son los motivos predilectos de su arte.
Céltiga, 12/12/1927

Partillar