A Comisión Irmáns Suárez Picallo nace en Sada no ano 2007 co fin de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Ao longo deste tempo, promovéronse dous ciclos de xornadas en torno a Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, así como varias publicacións. Directiva actual. O venres 17 de xullo de 2020 na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” de Sada tivo lugar a Asemblea Extraordinaria da Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” ás 19:00 horas (1ª convocatoria) e as 19:30 (2ª convocatoria) cun único punto na orde do día: – Nomeamento da nova Xunta Directiva da Asociación.A proposta de nova Xunta Directiva que se presenta á asemblea foi aprobada por unanimidade de tod@s @os membros presentes sen votos en contra nin abstencións. En consecuencia, a nova Xunta Directiva queda constituida pol@s seguintes membros: Presidente Francisco Arturo Pita Fernández Sede da Asociación: O enderezo da Sede da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo é o seguinte: Rúa A Lagoa. Portal nº 6. CP 15160. Sada Contacto: Podes contactar coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo escribindo no formulario de contacto que tes no marxe inferior dereito desta páxina areal.gal. Tamén podes contactar das seguintes maneiras: Coa revista cultural Areal: areal.sada@gmail.com ![]() Estatutos Fins principais da Asociación: – a) A recuperación histórica de sadenses ilustres, que por seren vítimas da represión franquista, as súas vidas, os seu pensamento e as súas obras son escasamente coñecidas, mesmo na terra onde naceron e, en moitos casos, onde viviron. O noso punto de partida serán os irmáns Juan Antonio e Ramón Suárez Picallo. ![]()
Transparencia, información e bo goberno Nos Estatutos da AC Irmáns Suárez Picallo figura que “as persoas directivas da Asociación deberán facer pública mediante a plataforma tecnolóxica, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou presupostaria”. Neste apartado podés acceder a esta información: | ||||
Exercizo 2019. AC Irmáns Suárez PicalloExercizo 2020. AC Irmáns Suárez Picallo
A A. C. Irmáns Suárez Picallo está aberta a incorporación de todos aqueles interesados en asociarse. Só tedes que encher o formulario que atoparás ao final desta páxina e facérnolo chegar. comisionsuarezpicallo@gmail.com | | |||