Un pouco de historia…
A Comisión Irmáns Suárez Picallo nace en Sada no ano 2007 co fin de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo.
Ao longo deste tempo, promovéronse dous ciclos de xornadas en torno a Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, así como varias publicación.
Xunta Directiva
Directiva actual. O luns 21 de febreiro de 2022 no Salón de Plenos do Concello de Sada de Sada tivo lugar a Asemblea anual da Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” na que se escolleu a seguinte Xunta Directiva:
Presidente Manuel Pérez Lorenzo
Vicepresidenta Mercedes Leobalde García
Secretario Abel López Soto
Vicesecretario Rubén Anido Regueiro
Tesoureiro Carlos R. Babío Urkidi
Vogais Xose Anxo Seoane Cao, María Luisa Naveiro López, Estevo Rodríguez Liste, Laura Pita Campos e David García Pauwels
Comisións de Traballo
Na AC Irmáns Suárez Picallo están creadas as seguintes Comisións de Traballo nas que se poden integrar as socias e socios da AC:
Comisión de publicacións. Integrase nela o actual consello de redacción de Areal. A súa función será coordinar todas as publicación da ACISP. Coordina Manuel Pérez Lorenzo
Comisión de comunicación , con funcións de xestión das redes sociais, relación coa prensa, páxina web. Coordina Laura Pita
Comisión de audiovisuais: Terá por obxecto elaborar audiovisuais, grabar os actos da ACISP e facer divulgación audiovisual. Coordina Xosé Anxo Seoane.
Comisión de arquivo e documentación. Terá por función a ordenación e arquivo dos materiais impresos e bens inventariados da ACISP, así como a actualización dos mesmos. Coordina Marisa Naveiro
Comisión de memoria democrática. Terá como función coordinar o traballo sobre memoria democrática, investigación, relación con outros grupos afines e coordinar actividades de colaboración. Coordina Carlos Babío.
Animámoste a participar. Mándanos un mail indicando a que comisións te apuntas a info@suarezpicallo.gal ou cubre este formulario que podes atopar aquí
Localización e contacto
Sede da Asociación:
O enderezo da Sede da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo é o seguinte:
Rúa A Lagoa nº 44. Portal nº 6. CP 15160. Sada
O noso CIF: G70150065
Contacto:
Podes contactar coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo escribindo no formulario de contacto que tes no marxe inferior dereito desta páxina areal.gal. Tamén podes contactar das seguintes maneiras:
Por correo electrónico
Coa Asociación no correo electrónico info@suarezpicallo.gal Coa revista cultural Areal: info@areal.com
Nas nosas redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/ramonanton.suarezpicallo/
Twiter: https://twitter.com/ACSuarezPicallo
Instagram: https://www.instagram.com/acirmanssuarezpicallo/