O venres 19 de decembro presentamos na Sociedade de Sada o número 31 da nosa revista cultural, Areal. Unha nova edición cargada de actualidade, cultura e arte, na que se poden atopar pezas magníficas como a reportaxe de Abel López Soto ao pintor Fernando Babío, o artigo de Miguel Mosquera e Zaida García sobre o proxecto mobiliario de Isaac Díaz Pardo, unha peza de Iria Friné acerca da intervención artística de Díaz Pardo na campaña do Plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936 ou o achegamento de Cristina Asensio á figura de Syra Alonso a través dunha impresionante investigación. A Comisión Audiovisual da nosa asociación elaborou un vídeo da presentación deste número que se pode visualizar tamén nas nosas redes sociais!
Vídeo: Presentación de Areal 31






