Éxito da conferencia “Galegos en México após do 36”

O pasado xoves, 22 de maio, a nosa asociación participou nunha conferencia moi interesante xunto á CRMH da Coruña e a AC Eira Vella de Betanzos. Graciela Ortega Lorenzo, escritora de ascendencia galega, presentou o seu novo libro titulado Arroz con leche a la veracruzana, contando así mesmo coa participación do alcalde de Sada, Benito Portela, e coa vogal do ateneo español de México, Josefina Tomé Méndez, filla de exiliados republicanos.

O acto foi todo un éxito. Aquí deixamos unha recompilación de fotos!

O alcalde de Sada, Benito Portela, e o secretario da AC Irmáns Suárez Picallo, Abel López.
Público asistente á conferencia.
Carlos Babío, presidente da CRMH e Pilar Vázquez, representante da AC Eira Vella.
Público asistente á conferencia.
O Concelleiro de Cultura, Marcos Villar, no acto.
Público asistente á conferencia.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *