O vindeiro venres, 15 de novembro, a Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acollerá unha xornada moi interesante sobre o Pazo de Meirás. Contaremos coa intervención do presidente da nosa asociación, Manuel Pérez Lorenzo, ademais doutros palestrantes moi relevantes no proceso de recuperación do pazo.
Aquí vos deixamos o itinerario da xornada. Non dubidedes en asistir!