Desde A AC Irmáns Suárez Picallo queremos felicitarvos o Día das Letras Galegas no inicio desta semana cunha obra que nos cedeu o noso veciño David Suárez ‘Geppe’.
Coma sempre, festexamos e reivindicamos as nosas letras e a nosa lingua, pero este ano de xeito especial, dada a conexión da autora homenaxeada co noso concello. Luísa Villalta, música, poeta, ensaísta e narradora, tivo na docencia o seu oficio e unha das facetas fundamentais da súa personalidade. En Sada marcou coa súa pegada de amor pola lingua e de compromiso cívico a moitas xeracións do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo. Por iso estamos a desenvolver un amplo programa de actos que continuará nas vindeiras semanas.
Lembrade as presentacións do xoves 16 de maio! Ambas comezarán ás 20:00 na Capela de San Roque. Tamén contaremos cunha actuación musical a cargo de Karina e Ximena. Agardámosvos!