Incorporamos á Hemeroteca da web da revista, os últimos números publicados correspondentes todos eles ao ano 2023. En concreto dous números adicados a dous eventos de fonda pegada na historia de Sada durante a década dos anos 20 do século pasado.
O primeiro deles, o número 26, adicado á chegada do tranvía e o segundo, o número 27, adicado ao traslado e a historia do edificio da Terraza en Sada. Ambos números, xunto co resto de números da revista Areal, dispoñibeis para descarga en pdf na hemeroteca da web.