Proxecto “Sada, Camiño a camiño”

O pasado venres día 15 de marzo, tivemos a primeira reunión polo proxecto “Sada, Camiño a camino”.

Asistimos representantes da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, da A VV da Obra, da A VV Armental e do Club Ciclista Sada.

Escusou a súa ausencia ASPACE. Con todo, explicamos o proxecto e quedamos de acordo en poñelo en marcha. Pasada Semana Santa faremos unha primeira andaina para recoñecer o terreo e tomar os datos necesarios para deseñarmos a primeira ruta: Sada-Punta San Mamede.

Achegase un pdf como a idea de sinalización da ruta e dos paneis informativos.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *