O Club Ciclista Sada, a A.C. Irmáns Suárez Picallo e a A VV. da Obra buscamos a implicación de todas as asociacións de Sada para a elaboración dunha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta

O Club Ciclista Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Asociación de Veciños da Obra buscamos a implicación de todas as asociacións do concello de Sada para a elaboración do proxecto Sada, camiño a camiño, unha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña na que queremos xuntar a actividade física e deportiva coa cultura a través da transmisión de valores, de coñecementos da nosa contorna, de hábitos de vida saudábeis, de educación medioambiental e de goce no tempo de lecer de maneira segura e responsábel.


É por iso que vos convocamos á seguinte reunión informativa:
DÍA: Venres 15 de marzo
HORA: 20.00
LUGAR: Local da Asociación de Veciños “Armental” de Carnoedo
TEMA: “Sada, camiño a camiño”

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *