Lembrando a Luisa Villalta

Hoxe celebrouse o primeiro dos actos programados pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo para lembrar a Luisa Villalta neste ano no que se lle adica o día das Letras.


Montse Dopico foi a encargada de presentar unha biografía que titulou “Abonda con vivir”, escrita por encargo de Edicions Xerais, e que está baseada nas testemuñas de moita xente que tivo a sorte de coñecela.


Algunhas desas persoas estiveron presentes no acto, compañeiras do IES Isaac Diaz Pardo onde traballou e exalumnos, que participaron e aportaron as súas vivencias persoais.


Nas próximas semanas continuaremos desenvolvendo a programacion dos actos que podes consultar nesta web

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *