20 anos sen rúas franquistas en Sada

Neste ano cumpriranse 2 décadas desde que a Corporación municipal sadense que presidiu Abel López Soto, retirase a Avenida Generalisimo Franco (recuperando o nome de Avenida da Mariña), General Sanjurjo (rúa da Estrela), praza Jose Antonio (Praciña do Conde), General Mola (Xosé Monzo), Calvo Sotelo (Alcalde Fernández Pita) e General Aranda (Cortaduría). Os cambios no…

Ler máis

O reiterado e manifesto incumprimento da Lei de Memoria Democrática no concello da Coruña

Na cidade da Coruña conviven 110 símbolos franquistas, algúns sorprendentes a día de hoxe. A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña insiste en denunciar o “incumprimento reiterado” da Lei de Memoria Histórica por parte do goberno local da Coruña, ao non retirar a simboloxía franquista da cidade. Lembrar que hai un ano…

Ler máis

Sinaladas

A AC Irmáns Suárez Picallo participou no acto inaugural desta exposición no Obelisco da Coruña (Cantón Grande) e ven de solicitar no día de hoxe a petición á Deputación da Coruña, propietaria dos dereitos desta exposición – da que é Comisaria Montse Fajardo – de que veña fisicamente a Sada. “Sinaladas. A loita das mulleres…

Ler máis

Presentamos en Sada o documental “Camarada Fraga. Memoria dun franquista”

Este vindeiro venres 10 de marzo proxectaremos o video “Camarada Fraga, memoria dun franquista” que eleborou o Grupo de Traballo de Simboloxía Antifranquista que forma parte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Para coñecer a versión completa dunha persoa precisamos coñecer a súa cara B. E iso precisamente é o que tentaremos…

Ler máis

Galeria de imaxes do acto de presentación do libro de Rubén Anido “Os derradeiros días de Ulises e Penélope”.

Na tarde noite de onte, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organizou da man da editorial “Medulia”, a presentación do novo libro do noso colaborador e compañeiro Rubén Anido Regueiro “Os derradeiros días de Ulises e Penélope”. O acto celebrouse na biblioteca “Ramón Suárez Picallo” sita na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada, e…

Ler máis

A AC Irmáns Suárez Picallo, convidada pola Plataforma Gambogaz a unhas xornadas sobre o espolio do cortijo sevillano

Foi solicitada a nosa participación nunhas xornadas divulgativas celebradas en Andalucía os días 16, 17 e 18 de febreiro. O membro da directiva da AC Irmáns Suárez Picallo Carlos Babío Urkidi participou en todos os actos organizados, entre eles cunha ponencia na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla nunha mesa redonda titulada…

Ler máis

A AC Irmáns Suárez Picallo sumase á dor e condolencias pola morte de Beinusz Szmukler, quen foi incansable defensor dos Dereitos Humanos

Beinusz Szmukler acompañou os inicios da Querela Arxentina contra os crimes do franquismo Desde a República Arxentina cheganos esta triste nova co falecemento de Beinusz Szmukler, avogado e loitador polos dereitos humanos aos 91 anos de idade. Desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo sumamonos ás expresións de dor e respecto para despedir a este…

Ler máis

Desde a A.C. Irmáns Suárez Picallo queremos trasladar o noso apoio á organización do festival Touliña Pop

Lamentamos profundamente a decisión do Concello de Sada, que lle retira o seu respaldo a un evento tan consolidado coma este, abocándoo a trasladarse a outro municipio. Prescindir dun festival como o Touliña Pop, que constitúe unha das principais citas do calendario festivo de Sada, significa renunciar a un evento cultural de referencia e a…

Ler máis