Ao temporal político que vive a República Arxentina súmase o meteorolóxico ás portas do verán austral. O noso correspondente en Magdalena (República Arxentina) José Luis Meirás apórtanos información documental e videográfica sobre as consecuencias dun importante temporal meteorolóxico que afectou nestes días á provincia de Buenos Aires, con 13 mortos en Bahia Blanca polo derrube dun ximnasio.
O importante desbordamento do río da Plata unido ás fortes choivas con ventos de máis de 150 km/h, provocaron innumerables problemas na mañá do pasdo día 17 , con especial incidencia no distrito de Magdalena e arredores, afectando especialmente á zona rural cercana a Bartolomé Bavio.
Desde o amencer do pasado domingo, os servizos de emerxencias estiveron moi pendentes das zonas máis afectadas, que ademáis sofriron cortes de subministro eléctrico.
O forte temporal que golpeou Magdalena afectou tamén ao establecemento hosteleiro do noso correspondente , unha cada de comidas denominada “El Chiringuito del río”, que está nestes momentos tentando volver a poñer en funcionamento,
O noso ánimo para José Luis Meirás e para as persoas afectadas de Magdalena e de toda a provincia de Buenos Aires.