Partindo das obras: “A ladroa da biblioteca do Pazo de Meirás” (Eva Mejuto) e “Meirás: Un Pazo, un caudillo, un espolio” e “Meirás, un Pazo para el Caudillo” (Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi) exploraramos a historia e a memoria de Sada: as revoltas campesiñas, o legado literario de Emilia Pardo Bazán e o Pazo de Meirás como símbolo do Franquismo por máis de corenta anos, así coma o posterior proceso xudicial coa familia Franco pola propiedade do Pazo e os bens do seu interior.
Tamén sobre elementos patrimoniais do Concello de Sada e a súa historia. No roteiro participaron a escritora Eva Mejuto e os membros da Asociación Cultural Irmáns Suarez Picallo Carlos Babío e Abel López Soto en colaboración con “Rutas de Historia“.