Segismundo García declara que “no acierto a comprender cuál puede ser el interés de catalogar BIC una nave industrial de fabricación cerámica”, obviando o que representa desde o punto de vista histórico ou a pegada artística na súa arquitectura e nos elementos que integra de figuras como Díaz Pardo, Fernández-Albalat, Seoane ou Pérez Porto.
Ante semellantes declaracións, instamos de novo á Xunta de Galicia, que ten a competencia en materia de patrimonio cultural, a que amplíe a declaración como Ben de Interese Cultural a todo o conxunto de Cerámicas do Castro. O futuro dos bens que conforman a principal industria cultural galega do século XX non poden estar en mans de quen os menospreza ata este punto.
No mesmo sentido, parécenos moi preocupante que a xestión do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside corresponda a quen amosa semellante visión, e que, por outra parte, decidiu renunciar á misión cultural do grupo Sargadelos, traizoando os proxectos fundacionais de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.
Apoio total a declarar BIC todo o conxunto
Ta claro, que vostedes sí son cultos é bos xestores. Eu recomendarialles comprar SARGADELOS pra continuar a facer Galicia grande e poderosa.