Rouco Son: falamos de rock en galego

A revista Rouco Son é un proxecto que nace no verán de 2021, co obxectivo de ser un medio que fale sobre a escena da música rock, punk e metal de Galicia. E facéndoo, por suposto, en lingua galega. Aínda que isto pode parecer un obxectivo moi concreto, en realidade ten unha amplitude inmensa. A música de Galicia ten unha diversidade, calidade e importancia ben coñecidas, e o rock non é precisamente unha excepción nisto, coa existencia de miles de bandas ao longo das sete décadas de historia do xénero na nosa terra. Algunhas delas lendarias, outras de culto, e outras practicamente descoñecidas; porén, nos tres grupos podemos atopar música incrible e única.

Precisamente porque boa parte desta música, tanto historicamente como actualmente, é ben pouco coñecida incluso entre os seguidores do estilo, é moi necesario que haxa publicacións que a traten en profundidade. E, por suposto, hainas e sempre as houbo. Dende os fanzines autoxestionados e as revistas independentes que dende un primeiro momento deron parte da escena dende dentro dela, ata os medios culturais galegos de hoxe, que sempre teñen un oco para o rock nas súas páxinas, pasando tamén polos medios internacionais especializados nestes estilos musicais que, pola calidade do rock galego, sempre lle prestaron atención.

Todos estes medios son de moi distinto tipo, e seguramente cada un deles será máis axeitado para buscar información sobre un tipo de banda ou outra. Por exemplo, os estilos máis propiamente subterráneos, como o hardcore ou o metal extremo, rara vez conseguen aparecer nos medios culturais máis xerais, pero son moitas veces o obxectivo exclusivo dos zines ou de webs especializadas. Moitas delas, por outra banda, están máis ou menos enfocadas a uns subxéneros determinados e non a outros.

A cuestión da lingua, tanto no seu emprego como no enfoque nas bandas que utilizan o galego na súa música, tamén é divisiva. Non hai que esquecer que boa parte dos medios que mencionabamos, especializados concretamente nestes estilos de música, son de fóra de Galicia e/ou teñen un ámbito de interese internacional que fai que, como é normal, non se poidan centrar excesivamente nas bandas galegas. As outras escenas tamén teñen unha calidade tremenda e non é posible especializarse en todas á vez.

Así, atopamos moi groso modo dúas vertentes principais nos medios de comunicación que falan sobre a música rock galega: por unha banda, medios culturais galegos que tratan nas súas páxinas, na maioría dos casos en galego, a música de aquí no seu conxunto, e polo tanto non poden estar especializados no rock, no punk e no metal; por outra banda, medios especializados nestes estilos musicais a nivel internacional, que moitas veces falan entre outras de bandas galegas, pero en moi poucos casos o fan en galego. Así, Rouco Son xorde do propósito de unir características de ambos: ser á vez un medio especializado en rock, punk e metal e un medio especializado en Galicia e en galego.

Isto, obviamente, tamén implica limitacións, nomeadamente restrinxirse unicamente a falar de rock, punk e metal e non do resto de estilos que contan con tremendos expoñentes en Galicia, e non falar tampouco da música que se fai no resto do mundo. De feito, tamén está en boa parte pendente a existencia dun medio que fale, en galego, de rock, punk e metal a nivel internacional. A ver se alguén se anima axiña a facelo! A cuestión é buscar ocos e cousas que aínda non se fixeran moito, pero, en conclusión, os medios dun tipo e doutro son esenciais para a escena e totalmente complementarios.

Outra das razóns de ser de Rouco Son é a énfase na música subterránea, no underground. Ao final, as bandas máis coñecidas, ou polo menos as que xa están inseridas no circuíto da música máis profesional, xa teñen garantido un mínimo de espazo nos medios xeneralistas máis grandes. Porén, das bandas subterráneas de calquera estilo é máis difícil atopar información. Isto, ao final, acaba sendo unha baza para a propia revista, e en absoluto un inconveniente: as propias bandas comparten máis a túa información, e a xente interesase máis por lela ao ser algo que só poden atopar nun reducido número de medios. En xeral, o underground, o autoxestionado e o faino ti mesmo, basease nun espírito de colaboración e axuda mutua que, se ben non debemos idealizar por ter as limitacións que todos coñecemos, fai que os diferentes proxectos, dende bandas a medios ou espazos, medren paralelamente apoiándose os uns aos outros. Así, o falar do underground na revista non nace unicamente da convicción da necesidade de facelo, que tamén, senón que remata sendo un dos principais atractivos que pode ter un medio, e máis un medio pequeno como é Rouco Son.

No propio lema da publicación pode apreciarse outra cuestión na que Rouco Son pon especial atención: falamos de rock en galego. Isto quere dicir non só que falamos sobre rock e que o facemos en lingua galega, senón tamén que as bandas que fan música en galego teñen necesariamente un peso especial nas nosas páxinas. Aínda que é algo que varía moito dependendo do subxénero ao que nos refiramos, habendo nuns máis bandas en galego que noutros, o rock en galego en xeral comezou sendo en boa parte unha rara avis. Porén, co tempo foron xurdindo máis e máis bandas, e hoxe en día non só as hai ben coñecidas, senón que, en canto a diversidade de estilos, seguramente nunca houbera tanta na historia. Así que é un momento marabilloso para ter un medio no que falar de rock en galego.

Precisamente, moitas das publicacións de Rouco Son que máis éxito teñen son, con diferenza, aquelas adicadas a trazar a historia do rock ou o metal galegos e especialmente en galego. Tanto a reportaxe sobre o rock progresivo dos anos 70 en Galicia, na súa práctica totalidade feito en lingua galega, como a serie de reportaxes sobre o metal en galego ao longo da historia foron relativamente moi compartidas, ao tratar de xeito máis ou menos sistemático un tema que ata o momento non se fora abordado como tal. Escribir a historia do rock, punk e metal feito concretamente en galego aínda é tarefa pendente, e é unha honra poder poñer algún gran de area na cuestión.

Estamos nun punto no que, en boa parte, facer música en galego non é xa só unha cuestión de vontade e compromiso, que en moitos casos podía limitar o alcance da túa música polos fortes prexuízos instaurados contra a lingua galega, como foi no pasado. Hoxe é algo que incluso moita xente busca; hai gana de escoitar música en galego, e é un factor que chama a atención de xeito claramente positivo. Á fin e ao cabo, escoitar música en galego era algo bastante máis infrecuente hai décadas, e polo tanto agora valórase moito máis, incluso tendo en conta a situación de retroceso do emprego da lingua a nivel social. A falta de cultura na nosa lingua foi un factor que historicamente contribuíu a este retroceso, e, quizais agora a proliferación da que está tendo lugar en diversos ámbitos poida comezar a colaborar en preservala e espallala.

Rouco Son tamén ten a vontade de promover activamente as bandas con mulleres nas súas filas. A pesar de que hai moitísimos exemplos de bandas galegas tremendas formadas en parte ou na súa totalidade por mulleres, aínda son minoría na escena en xeral e nos concertos e festivais en particular, polas múltiples dificultades engadidas que as mulleres experimentan ao quereren facer música. A respecto disto, só se pode loar o labor de proxectos como Mulleres Galegas Kañeras ou Músicas Galegas Ilustradas promovendo as referentes necesarias e esixindo o apoio que estas bandas merecen. Pola parte de Rouco Son, cada mes hai sempre varias reportaxes e noticias sobre bandas con integrantes mulleres, e sempre é unha delas a representada na portada de cada número da edición física mensual (agás no número de xullo, por unha cuestión técnica de última hora xusto antes da impresión).

Todas estas foron as ideas principais que propulsaron un proxecto que levaba tempo latente, pero que tomou forma ao xurdir a oportunidade de facer unha revista en papel, editada por Libre Expresión de Medios de Galicia. Esta empresa edita tamén outras revistas mensuais gratuítas, principalmente de información local, e con Rouco Son incursionou tamén na prensa musical. O primeiro número levou na portada á banda Ith, de Mesía, e incluíu reportaxes sobre e entrevistas a Lóstregos, Broa, ou a Sala Rebullón (a revista non só fala de bandas, xa que a escena tamén a fan as salas e calquera outro proxecto). Tamén incluíu a primeira entrega da historia do metal en galego. E despois, o formato consolidouse definitivamente co segundo número, que xa contou cunha distribución como tal; con Barbarian Prophecies en portada e, entre outras, con entrevistas a Aki de Épsilon ou a Nía Tarrío de Proxecto Rizoma, outro proxecto clave de divulgación da música underground galega.

A partir de aí sucederíanse os números e chegarían tamén as colaboracións; a máis duradeira delas, a de Patty Castro, fundadora de Mulleres Galegas Kañeras e directora do podcast Galiza Metálica: outro medio xurdido a finais de 2021 coa finalidade de espallar o rock e o metal feito aquí, ademais de vocalista e infinidade de cousas máis. Tras máis dun ano de historia da revista e con tantos números publicados, as apostas seguen sendo as mesmas do principio, e non hai motivo para pensar en baixar o ritmo. Paralelamente á edición dos números en papel, por suposto, a práctica totalidade dos contidos está dispoñible na web para que calquera poida lelos, xa que ao final a difusión da música é o obxectivo principal. A través das redes sociais de Rouco Son, nomeadamente Facebook, Instagram e Twitter, a revista chega cada vez a máis xente interesada pola escena rock galega, a súa historia, e especialmente o seu futuro.

Na imaxe de cabeceira, Oficina de Rouco Son [fotografías cedidas por J. Mouriño]
Nesta imaxe, Nº 2 da revista
 
Partillar

One thought on “Rouco Son: falamos de rock en galego

  1. Estimaô amigô / Estimados amigos, aquí os envió un poema en la MLA (Modalidad Lingüística Andaluza), con su versión en Lingua Galega.
    No deben sorprenderos, Federico García Lorca escribió algunos poemas en gallego.

    Mî Torpê berçô

    Tanta
    ôkkuria,
    tantô
    secretô,

    palabrâ,
    çe
    juntan,
    en´mi
    çerebro.

    Tanta
    çoleá,
    tanto
    çilençio,

    rekuerdô
    trâfformo,
    en
    torbê
    berçô.

    Versos torpes

    Tanto
    escuridade,
    moitos
    segredos,
    o
    palabras,
    el
    acumúlanse,
    en
    meu
    cerebro.

    Tanto
    soidade,
    tanto
    silencio,
    meu
    lembranzas
    transformación,
    en
    torpe
    versos.

    Torpes versos

    Tanta
    oscuridad,
    tantos
    secretos,
    las
    palabras,
    se
    amontonan,
    en
    mi
    cerebro.

    Tanta
    soledad,
    tanto
    silencio,
    mi
    recuerdos
    trasformo,
    en
    torpes
    versos.

    Libero Ubeya

    Formo parte del GRUPO XAUXAU (se lee Chauchau, canto en lengua andaluza).
    A mi me da igual si el andaluz es un dialecto criollo, una mescla de los dialectos del norte, gallego-portugués, castellano y asturleonés, y la lengua latini (mozárabe), una lengua independiente, forma parte de un diasistema castellano-andaluz, o de todo un poco.
    Según el Estatuto de Autonomía, la Junta de Andalucía debería garantizar el uso de la MLA (Modalidad Lingüística Andaluza), y garantizar que la asignatura Patrimonio Cultural de Andalucía (dedicado en parte al andaluz) sea ofertada en todos los centros educativos.
    Para negar que el andaluz es una lengua dicen que no se escribe o que no tiene una literatura propia, lo cual es falso, en el siglo XVIII Er Kura de Kormena publico el primer libro impreso en andaluz, LA INFANÇIA DE JEÇUCHRISTO, prohibido y retirado de circulación al poco de ser publicado.
    Desde L´AINA ANDALUÇA (Amanecer Andaluz, movimiento literario en andaluz), durante el Franquismo, el conocimiento y el empleo del andaluz se disparo, en las pasadas municipales, algunos programas electorales se imprimieron en andaluz.
    Sería muy largo explicar la influencia lingüística y cultural en Andalucía, el norte de Córdoba de Galicia, y la ciudad fue repoblado con gallegos, tras la expulsión de los musulmanes, los cuales se unieron a la minoría de lengua latini (mozárabes).
    El conde Fernán Niñez, Gran Maestre de la Orden de Santiago, y Conde de Chantada, por orden del rey Fernando III trajo de Lugo a miles de gallegos para repoblar el Reino de Córdoba.
    Una de las principales iglesias de la ciudad Santa Mariña o Marina, tiene el nombre de la Catedral de Lugo, y muchos rasgos del andaluz se dan en el gallego-portugués como ÊPPARDA (espalda), BRANCO (blanco) o EMPARME (empalme), rotacismo de la –L por –R.
    Si el andaluz fuera un dialecto del castellano no tendríamos 10 VOCALES, sino 5, el portugués y el gallego tienen 7 VOCALES.
    En muchos aspectos el andaluz se parece más a los dialectos ítalo-romances que a los castellanos, fruto de una romanización más intensa y largas, no es casualidad que nuestras vocales sean las del romano antiguo, geminamos, mantenemos la –T intervocálica latina o construyamos el plural con vocales como en italiano.
    Nos gustaría contactar con poetas y filólogos gallegos e investigar todo lo que nos une.
    Çin ná´mâ un çaluo en’andalú / Sin na más un saludo en andaluz.

    Libero Ubeya

    xauxauchauchau@yahoo.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *