Presentamos Areal 26

Na tarde noite de onte a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo presentou publicamente na capela de San Roque o nº 26 da Revista Cultural de Sada “Areal”. Neste acto no que quedou pequena a capela de San Roque, repartiuse de balde a revista e o publico asistente poido coñecer detalles da historia do tranvía que chegou a Sada na década dos 20 do século pasado, a través dunha conferencia de Manuel Pérez Lorenzo.

Precisamente, con motivo da conmemoración do centenario deste evento, a revista Areal adica un especial neste novo número.

A partir de hoxe a revista estará a disposición do público nos puntos habituais. Desde hoxe tamén publicaremos os artigos do novo número da revista.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *