Conversamos coa súa compañeira, a artista plástica Beatriz García Trillo
Abel López Soto
Jorge Peteiro foi o artista que realizou a figura que inicialmente se colocou no centro da praza irmáns Suárez Picallo no ano 2008 coincidindo coa traída dos restos de Ramón Suárez Picallo desde a república Arxentina, onde morrera no exilio fozado pola ditadura franquista.
Jorge foi un artista sadense de adopción que, desgrazadamente, morreu con 53 anos pero que xa tiña consolidada una prolífica carreira profesional. Con ese aval foi contratado para realizar este traballo en Sada, porque era un grande artista e xa eran coñecidas obras súas moi populares, como a que preside a entrada ao Aquarium Finisterrae da Coruña, a do CHUAC ou o mural do edificio central do Parque Eólico de Osório no Brasil.
Peteiro quixo simbolizar con este traballo o espírito libre de Picallo, pretendendo representalo no seu regreso como unha ave ceibe que sobrevoa a terra onde naceu.
Na actualidade, esa obra está situada ao pé dunha das entradas do parque infantil do paseo marítimo, despois de que no ano 2011 fora retirada da súa localización orixinal sen ningún criterio obxectivo. Tampouco se lle fixo desde aquela ningún traballo de mantemento ou conservación.
Desafortunadamente Jorge morreu moi novo, pero deixou una profunda pegada como un artista singular, deleitándonos coa súa obra chea de cor e optimismo.
Nado na Coruña no ano 1959, formouse primeiro cursando bacharelato nos Xesuítas e despois na Universidade de Santiago, onde empezou no ano 1977 Psicoloxía e Empresariais, aínda que dous anos máis tarde decidiu ingresar na Escola de Belas Artes de San Carlos en Valencia, onde se licenciou na especialidade de gravado.
Entre 1985 e 1990 exerceu como profesor de debuxo en varios institutos galegos, entre eles no IES Francisco Aguiar de Betanzos, e no 1990 trasladouse a Nova York, onde botou dous anos empapándose das últimas tendencias do mundo da arte.
De regreso á Coruña realizou xunto coa súa compañeira Beatriz García Trillo varios proxectos artísticos, e finalmente a parella elixiu Sada para vivir e para crear aquí un espazo arquitectónico, na casa onde viviron ata o falecemento do artista o 20 de febreiro de 2013. Beatriz segue morando nese lugar ao pé da Vía Ártabra, na aldea de Vilar, no Castelo, onde amablemente nos atende e responde as nosas preguntas.
Na actualidade, esa obra está situada ao pé dunha das entradas do parque infantil do paseo marítimo, despois de que no ano 2011 fora retirada da súa localización orixinal sen ningún criterio obxectivo. Tampouco se lle fixo desde aquela ningún traballo de mantemento ou conservación.
Desafortunadamente Jorge morreu moi novo, pero deixou una profunda pegada como un artista singular, deleitándonos coa súa obra chea de cor e optimismo.
Nado na Coruña no ano 1959, formouse primeiro cursando bacharelato nos Xesuítas e despois na Universidade de Santiago, onde empezou no ano 1977 Psicoloxía e Empresariais, aínda que dous anos máis tarde decidiu ingresar na Escola de Belas Artes de San Carlos en Valencia, onde se licenciou na especialidade de gravado.
Entre 1985 e 1990 exerceu como profesor de debuxo en varios institutos galegos, entre eles no IES Francisco Aguiar de Betanzos, e no 1990 trasladouse a Nova York, onde botou un tempo empapándose das últimas tendencias do mundo da arte.
De regreso á Coruña realizou xunto coa súa compañeira Beatriz García Trillo varios proxectos artísticos, e finalmente a parella elixiu Sada para vivir e para crear aquí un espazo arquitectónico, na casa onde viviron ata o falecemento do artista o 20 de febreiro de 2013. Beatriz segue morando nese lugar ao pé da Vía Ártabra, na aldea de Vilar, no Castelo, onde amablemente nos atende e responde as nosas preguntas.
Coñecéstesvos con catorce anos, toda unha vida xuntos. Que proxectos artísticos compartistes?
Si. Realmente coñecémonos con 14 anos e por aquel entón eu xa pintaba. Jorge aínda non, pero tiña outros proxectos. Facía cine súper 8, obras de teatro moi vangardistas, de Beltor Brecht por exemplo. Eu pintaba no meu estudio e asistía a un club privado. Daquela faciamos cousas moi diferentes. Logo eu fun estudar na Escola de Artes de Compostela e Jorge na Facultade de Psicoloxía.
Nos comezos tiven unha aprendizaxe moito máis académica que a súa no eido artístico, ata que nos volvemos xuntar na escola de Belas Artes de Valencia. Comezamos un novo camiño, esta vez moito máis coincidente, e foi a partir de aí cando compartimos moitísimo tempo de estudo, viaxabamos continuamente, compartiamos o interese polo natural, pola observación da natureza, polo debuxo do que viamos, do que tiñamos diante, do que realmente nos chamaba a atención. Era co que máis desfrutabamos.
Jorge ten dito que aprendeu máis de arte contigo que na universidade. Supoño que ti tamén aprendiches con el…
Nesas viaxes e neses primeiros traballos era cando Jorge dicía que aprendía máis comigo que na universidade, pero a realidade era que aprendía eu máis del que el de min. Era moi creativo e tiña gran sentido da cor e da forma.
viaxabamos continuamente, compartiamos o interese polo natural, pola observación da natureza, polo debuxo do que viamos, do que tiñamos diante
Como describirías o traballo artístico de Jorge?
O seu sentido da cor o seu sentido da forma eran algo inaudito. E a súa creatividade, tiña un sentido da creatividade incrible. De calquera pequeno detalle quitaba unha inspiración, calquera elemento que estudase convertíao nun todo. Lembro cando estudou os indios americanos, sempre dicía que acabou pintando coma eles. Gran parte do seu sentido da forma sacouno desa época.
Ademais de manter vivo este espazo que tamén foi e segue a ser a vosa casa, exerciches como profesora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Como compaxinabas esta outra faceta profesional co teu traballo como artista?
A verdade, sempre tiven a precaución de compaxinar a miña vocación de pintora coa vocación de profesora; era o meu flotador económico, porque non sabía se podería sobrevivir como pintora, non o tiña tan claro coma Jorge.
Deume moita tranquilidade ter unha nómina para poder pintar con calma no meu tempo libre. Foron anos excelentes, sobre todo a primeira fase, que foi cando máis puiden desenvolver a creatividade, cuns alumnos excelentes. Sacabamos adiante proxectos marabillosos. Lembro o primeiro certame de cómic de Carlos Reigosa, que fixeramos proxectos de cómic, de teoría da cor, cuns alumnos que realmente se comprometían moitísimo cos traballos.
Teño que dicir que cando empecei había moitísima máis liberdade nas escolas de arte da que hai agora. Creo que se burocratizaron en exceso e que é máis difícil agora ser libre como profesional. Ao mellor é o punto de vista dunha profesora que evolucionou e igual as xeracións novas veno doutra maneira… Vas madurando e vaste afastando da liberdade que tes ao comezo. Pero para min foi un lugar perfecto para desenvolver a miña carreira.
viaxabamos continuamente, compartiamos o interese polo natural, pola observación da natureza, polo debuxo do que viamos, do que tiñamos diante
Era moi creativo e tiña gran sentido da cor e da forma
Que vos motivou a crear este espazo arquitectónico en Sada?
Pois mira, dúas cousas fundamentais. Unha, que o pai de Jorge tiña una lancha no porto de Sada, un barquiño para pescar que se chamaba Estrela. Jorge tiña un vínculo emocional moi forte con Sada. Saían a pescar e eu lembro vir con el calafatear a embarcación ao porto. Son recordos moi bonitos. Jorge, co seu irmán Jesús e co seu pai Suso, viñan moito a Sada, e eu tamén.
Ademais deuse a circunstancia de que un amigo tiña este terreo, ofrecéunolo e mercámolo. Jorge tamén acabou tendo a súa propia lancha no porto. Todo isto conxugouse, déronse as circunstancias e aquí nos asentamos.
Jorge mantivo vínculos incluso de amizade con pintores da súa época como Laxeiro, Xaime Cabanas e outros. Que lembras desa relación?
Sobre todo a relación con Laxeiro, porque a relación entre Jorge e el veulles a través de min por unha circunstancia curiosa. Laxeiro fixera una exposición na Coruña, á que eu asistín, e na presentación dixo que nas escolas de belas artes non se ensinaban máis que parvadas. Eu tomei a palabra para replicarlle dicíndolle que el non sabía nada diso, que non coñecía o que pintabamos nós. A partir de aí tivemos una longa conversa e comezamos a relacionarnos e a ter una relación epistolar ampla que acabou nunha relación moi estreita. Acabou tendo una moi boa relación con Jorge, tíñanse moita simpatía e sempre que el ou nós tiñamos algunha exposición asistiamos.
Con Cabanas tamén, faciamos viaxes xuntos, veraneabamos xuntos… Jorge e el tiñan unha relación moi íntima, moi boa, e eu tamén. Ademais, como o seu estudio quedaba cerca da Escola, moitas veces ía ata alí no tempo libre. Tiñamos moitos puntos en común e unha visión da arte moi parecida.
De calquera pequeno detalle quitaba unha inspiración,
Calquera elemento que estudase convertíao nun todo
Que interesante o de Laxeiro. Desde a discrepancia pode xurdir una unión.
Si, si. Así foi. Desde a discrepancia naceu unha bonita relación.
Crees que o traballo de Jorge e o teu propio son suficientemente coñecidos en Sada?
Se queres que che diga a verdade, non é Sada unha excepción. Eu creo que en Galiza e incluso en España, hai poucos artistas que sexan recoñecidos. Pode haber artistas moi populares porque os medios de comunicación os teñen moi en conta, pero case sempre é por outras facetas asociadas. Pero hai moitos artistas e moi poucos son coñecidos.
E se son coñecidos, moitas veces é por cousas alleas á súa condición de artistas…
Efectivamente, por cousas moi diferentes. As administracións, os concellos fan o que poden, pero non fan o suficiente, porque aquí é moi difícil sobrevivir desde o mundo da arte. Noutros países a xente está máis acostumada a consumir arte dun modo normal. Agora mesmo, a xente ten outras prioridades e a arte non é un ben esencial. Esencial é comer, pagar a casa, pagar a luz. A cultura non se ve como unha necesidade esencial.
Lembras algunha anécdota relacionada coa creación da escultura que Jorge realizou para lembrar en Sada a figura de Suárez Picallo?
Lembro que me comentara o traballo que dera montar o pivote sobre o que se asentaba a estrutura —que, por certo, xa non está no mesmo lugar—. Lembro que me comentaba o traballo que tiveron que pasar para montalo, que fora moi difícil.
Quizá necesite algúns coidados, unha pequena restauración.
En Galiza e en España hai poucos artistas que sexan recoñecidos
Queres engadir algo máis?
Agradecervos que tiverades o detalle de vir ata aquí, de preocuparvos pola obra de Jorge e por lembrarvos del. A verdade, é de agradecer.