A Axudantía e “La Manola”

A IMAXE COMENTADA por MEMORIA DE SADA

Unha vez terminada a construción do porto comezouse a edificar. Un dos primeiros edificios foi o da Axudantía de Mariña. Non pasou moito tempo cando a Axudantía desapareceu e pasou a depender da Coruña. Hoxe o edificio pertence ao Concello de Sada.

A continuación deste edificio estaba a fábrica de salgadura “La Manola”, propiedade de D. Juan María Blanco e que logo rexentou a súa filla Concha co seu marido Pancho.

Esta fábrica era coñecida tamén como “o almacén de Ferrer”, xa que anteriormente pertenceu a Francisco Ferrer Albá, oriúndo de Vilanova i la Geltrú que chegara á zona na primeira década do século XIX e montara senllos almacéns de salgadura en Sada e A Coruña. Aínda hoxe en día ao camiño que baixa de Fontán ao porto, neste punto, chámaselle Camiño de Ferrer.

Na actualidade toda esta parte do porto son altos edificios de vivendas que en nada lembran épocas pasadas.

Estas e moitas fotografías máis en
memoriadesada.com

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *