100 anos da chegada do tranvía a Sada

O 31 de decembro do ano 1922 entraba en Sada o primeiro tranvía. Un día máis tarde, na xornada inaugural de 1923, este novo medio de transporte comezaban a percorrer as vías entre A Coruña e a nosa vila de xeito regular. A novidade, saudada pola veciñanza con entusiasmo, provocaba toda unha revolución, con implicacións obvias na mobilidade a nivel comarcal, pero tamén económicas, sociais ou mesmo na esfera do ocio. Polas vías, sostidas polos ferros das conducións eléctricas, circularían persoas camiño do traballo ou da festa, produtos do mar e da terra, noticias e ideas. Abordo do tranvía e ao longo de máis de tres décadas, moitas persoas deixarían Sada por última vez, camiño da emigración. Outras chegarían aquí por vez primeira e ficarían entre nós para sempre.

100 anos despois, o tranvía é un símbolo do noso pasado. Porén, naqueles anos 20 era a representación mesma dunha modernidade que entraba na nosa vila ante os ollos esperanzados das multitudes.

Foto: O primeiro tranvía chegando a Sada o 31 de decembro de 1922 [Memoria de Sada]

Unha viaxe cara o futuro. A inauguración do tranvía entre Sada e A Coruña

Manuel Pérez Lorenzo

Pola súa transcendencia social e económica, o tranvía é máis que un medio de transporte. É parte destacada da memoria da vila de Sada, dunha memoria partillada mesmo por xeracións que xa non o coñeceron. Hai cen anos, inaugurábase a liña que vertebraría a comunicación entre Sada e A Coruña desde o ano 1923 ata 1956. Todo un acontecemento para as persoas que o viviron. Un cambio substancial no xeito de relacionarse co mundo as xentes deste recuncho da costa de Galicia.

Os precedentes: o transporte público antes do tranvía

Se ben a chegada do tranvía vai ser un punto de inflexión, por capacidade para albergar pasaxeiros e cargas, xa con anterioridade existiron medios de transporte que realizaban servizos regulares entre Sada e a veciña capital provincial. O primeiro “coche de liña”, unha carrilana tirada por seis cabalos, comezaba os seus traxectos, dous diarios –un de ida e un de volta– nos anos 60 do século XIX. Dúas décadas despois, facíase co servizo a empresa La Esperanza, de Manuel Agra, á que lle xurdiría unha ardua competencia: a de La Veterinaria primeiro e a de El Competidor máis tarde1. Rivalidade empresarial e rivalidade física que convertía as viaxes en trepidantes carreiras nas que se pugnaba por chegar antes ao destino. Aínda correndo o risco de non chegar nunca:

ambos vehículos […] no reparan en cuestas ni en curvas, emprendiendo vertiginosa carrera, que puede fácilmente motivar choques o vuelcos de consecuencias funestísimas.
La competencia no es nueva en esa línea, y ha motivado con frecuencia deplorables accidentes, siendo justificadísimas las denuncias de los viajeros.2

Corría entón o ano 1902. Unha década máis tarde, alguén lembraba, como sinal de toda unha época, aquel tempo “de las competencias formidables, de las refriegas en la carretera, en que restallaban las fustas y detonaban los revólvers… ¡Qué horror!”3.

O certo é que non era este o único inconveniente do vello coche de cabalos. Aos poucos servizos e escasa capacidade uníanse as incomodidades e a excesiva duración da viaxe: “Tres horas en la carretera, entre nubes de polvo y torturas de sol en verano; una eternidad bajo la lluvia y chapoteando durante el invierno…”4. Xa no ano 1900, Agra viaxaba a París co obxectivo de facerse con varios automóbiles a motor5. Porén, por algunha razón, o cambio no se efectuaría ata o ano 1911. A partir de entón, dous Gobron-Brillié de 45 cv con capacidade para uns 30 pasaxeiros realizarían catro viaxes diarias, acurtando o traxecto ata os tres cuartos de hora. Inaugurábase así un medio de transporte que sobreviviría ao propio tranvía e chegaría ata os nosos días.

Un proxecto para conquistar a modernidade

No mesmo ano no que o motor de explosión irrompe nas nosas rúas, na cidade herculina aparece unha importante novidade: os tranvías de sangue –vagóns sobre raís tirados por mulas– comezan a electrificarse. Axiña xorde a idea: estender unha liña ata Sada. Como afirma o pormenorizado estudo realizado por Xan Fraga6, xa no ano 1902 a Compañía de Tranvías estudara establecer esta liña con tracción animal. Dous anos máis tarde, José López-Cortón solicitaba a concesión dunha liña xa con coches eléctricos. Pero non foi ata o ano 1914 cando se realizou un proxecto serio, auspiciado, entre outros, por Emilia Pardo Bazán. Aprobado definitivamente en 1916, o estalido da I Guerra Mundial postergará o inicio das obras, que irán concluíndo progresivamente ao longo do 1922. Así, en xuño inaugurábase o tramo entre A Coruña e Fonteculler e ao mes seguinte a súa prolongación ata San Pedro de Nós.

O último día do ano o tranvía chegaba a Sada por primeira vez. E facíao mudando repentinamente as comunicacións da vila mariñá cunha parte significativa do seu ámbito rural próximo e coa cidade herculina. Vertebrábase así, como nunca antes, un territorio densamente poboado. As vantaxes do novo medio de locomoción fronte ao automóbil motivaban o entusiasmo e a expectación xeneralizada ante esta novidade. En primeiro lugar, pola a frecuencia das viaxes. Desde Sada efectuábanse diariamente 18 desprazamentos, o primeiro ás 7:13 h e o último  ás 20:49 h.7 Ademais, tamén medraba a capacidade dos vehículos. Os coches podían albergar 68 pasaxeiros e incorporaban un remolque con cabida para outros 48. Tamén contaban con amplos vagóns para mercadorías e con coches mixtos, o que implicaba un incremento notable dos fluxos comerciais, tanto en venda por xunto como no que respecta a particulares que levaban a súa produción agraria a Sada e á Coruña8. O tranvía sería tamén a vía de desprazamento diario de man de obra ata a cidade. En traxectoria inversa, había ser frecuentemente empregado por coruñeses que querían fuxir da urbe para refuxiarse por unhas oras na tranquilidade da vila ou participar nas súas actividades de ocio.

Ao longo do ano 1922, mentres avanzaba o trazado da vía o os postes de ferro ían erguendo a súa radical modernidade na beira da estrada, a prensa daba conta dos progresos e vaticinaba un futuro venturoso para sadenses e coruñeses:

Iremos a Sada todos. Los de fuera y los de casa, ansiosos de respirar a pleno pulmón el aire oxigenado de la ría, de tender la mirada por el regalo de los campos, de apearnos donde nos de la gana, tumbándonos a la bortola sobre el cesped o apurando a la puerta de cualquier ventorro una cunca de fresco vinillo de la tierra.
Para la risueña y hospitalaria villa va a ser como un jubileo el laud de excursionistas que entrará y saldrán a todas horas [...].
Cuando vaya remitiendo la fiebre excursionista de las primeras semanas, y se hayan llenado muchas veces de alegres viajeros las calles del Pedregal, la plaza, los salones de baile, los cafés, el malecón, la playa, la carretera de Fontán... vendrá el momento de ir pensando en regularizar las cosas y en como es necesario descongestionar La Coruña [...].
Se alquilarán casas con juertas, con leira, a todo lo largo de la línea, se compenetrarán más la ciudad y el campo, y como el servicio sea bueno y los horarios respondan y las tarifas sean tolerables, verán ustedes que evolución más amable se produce.9

A inauguración da liña

Ante semellantes previsións, a nova da inauguración do novo servizo supuña un verdadeiro estalido de xúbilo en Sada. “Hasta ahora –exclamaba unha revista– no conocemos hecho más transcendente en la vida de la capital de Galicia que la inauguración del primer tranvía suburbano con la línea de Sada”10. Para celebrar tan destacado acontecemento, fixado para o día 31 de decembro, programábanse catro xornadas de festa continua con concertos, sesións de teatro, lumes de artificio e bailes ata altas horas da madrugada. Toda a prensa coruñesa facíase eco da chegada do primeiro tranvía:

A la una en punto entraron en Sada los coches que llevaron a cabo la inauguración oficial del servicio. La mayor parte de los edificios de Sada hallábanse engalanados, y el vecindario en masa se concentró en el sitio señalado para parada de los tranvías recibiendo a éstos con atronadores aplausos y vivas mientras la banda de Isabel la Católica ejecutaba la magnífica composición musical "Bajo la doble águila".
Cambiados los saludos […], los visitantes y las comisiones de Sada, con el alcalde al frente, y seguidos de la música militar y de paisanos y del vecindario, se trasladaron al amplio salón-teatro de don José Pérez Pazos, en donde se sirvió un espléndido lunch en el patio de butacas.
El acto fue amenizado por la banda de Isabel la Católica y un cuarteto de música del país.
La galería del teatro estaba ocupada totalmente por distinguidas familias de aquella villa y público de la misma, sobresaliendo el personal femenino, que fue obsequiado con dulces por varios señores de la Comisión de fiestas y algunos de la Coruña.
Al destaparse el champán, el alcalde de Sada pronunció un brindis saludando a la Coruña, a los coruñeses presentes y a la Empresa de tranvías. Exteriorizó su inmensa satisfacción por el acto que se realizaba por representar un porvenir próspero y honroso para Sada, a la que el tranvía con su presencia por aquellas calles, y a semejanza de Jesús a Lázaro, parecía decir al pueblo levántate y anda, resurge y progresa, y dio varios vivas a la Coruña y a la Empresa de tranvías […].11
Billetes do tranvía de Sada [Arquivo do autor]

Ao día seguinte, 1 de xaneiro, entraba xa en funcionamento a liña de tranvía, aberta ao público. Naquel fin de ano do 1922, o diario coruñés El Orzán  sumábase á festa que se vivía en Sada coas seguintes copliñas anónimas:

Nos deja el año, en su postrero día
por recuerdo de fecha señalada
un hecho grato, el hecho del tranvía
prolongado hasta Sada;
suceso de relieve extraordinario
que tiene enardecido al vecindario
de la villa famosa
por la sardina y la mujer hermosa.
      También la capital
se asocia al regocijo general
porque, echando la cuenta,
un beneficio grande representa
para todos este acto inaugural.
      Es el paseo divertido y sano
para dar en los días del verano,
cruzando en el transcurso de una hora
por la comarca más encantadora
de dibujo y color
que haya en la fantasía de un pintor.
      […] Es una puerta abierta
para el paisano que labró la huerta
y venderá legumbres y demás
mejor en la Coruña que en Meirás.
      Es para todos vida y expansión,
es aumento de nuestra población
que sumará unos miles de habitantes
en los mismos instantes
de la inauguración;
ya que después será tan convecino
el de Sada o de un pueblo del camino
como el señor que viva en el cantón.
      Celebrando la fecha señalada
y mandando un abrazo a los de Sada
que no todos los días
se estrenan líneas nuevas de tranvías,
y la alegría está justificada,
elevemos el ánimo en tal hora:
bendito San Silvestre, «meigas fóra».12
Chegada dos primeiros tranvías ante a Terraza, aínda en obras [Memoria de Sada]

1 El Diario de Galicia, 14/09/1897; El Noroeste, 29/07/1902.

2 El Noroeste, 29/07/1902.

3 La Voz de Galicia, 05/08/1911.

4 Id.

5 La Voz de Galicia, 11/09/1900.

6 A Coruña-Sada-Carballo. 1903-1979. Tranvías e trolebuses, Espiral Maior, A Coruña, 1997.

7 La Voz de Galicia, 31/12/1922.

8 Revista de Casa América-Galicia, 01/1923.

9 Centro Gallego. Órgano de la colectividad gallega del Uruguay, 31/05/1922.

10 Revista de Casa América-Galicia, 01/1923.

11 El Ideal Gallego, 02/01/1923.

12 El Orzán, 31/12/1922.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *