Presentamos un novo caderno adicado ao roteiro pondaliano Espazos Vitais

O Caderno foi presentado na tarde noite de onte polo seu autor, Xosé Seoane na Capela de San Roque de Sada.

A presentación contou coa actuación de luxo da sadense Sofi Peries que puxo a voz musical a poemas de Eduardo Pondal.

Podes acceder á información deste Caderno nesta ligazón. Xa está dispoñíble en papel e en breve o estará en formato dixital neste espazo web. A comisión de audiovisiuais da AC Irmáns Suárez Picallo, editora deste caderno, filmou o acto de presentación e actuación de Sofie Peries, e unha vez editado por eles tamén estará a disposición nesta web.

Este caderno presentado na tarde noite de onte, será complmentado coa celebración dun roteiro o vindeiro 3 de xuño. En breve informaremos de todos os detalles da viaxe, e abriremos o peridodo para inscripcións tamén neste espazo web.

Retransmisión en directo do acto de presentación do nº 21 da serie de Cadernos de Estudos Xerais da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo adicado ao Roteiro Pondaliano “Espazos Vitais” creado, deseñado polo noso compañeiro Xosé Seoane. No acto de presentación actuou a artista sadense Sofi Peries.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *