Se ainda non pasaches por alí, recomendamosche que visites a exposición de debuxos do artista sadense e colaborador da revista Areal, David Suárez Ansede (Geppe). Desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo suxerismos a súa visita a esta exposición que leva por título “Entre melodías e acordes” e que estará dispoñible ate o vindeiro 27 de maio na capela de San Roque.

