A situación da pesca galega, a debate

O acto estará organizado polo Foro Cívico da AC Alexandre Bóvéda da Coruña o vindeiro xoves 25 as 19:30 horas no local desta agrupación no Circo de Artesáns da Rúa do Santo Andrés na Coruña. Nesta palestra participará o sadense Alberto Castro, secretario da Confraría de pescadores de Sada en representación da asociación galega de armadores do cerco “ACERGA”

Este xoves, día 25, ás 19.30 h, organizado polo Foro Cívico da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, celebrarase o debate A situación da pesca na Galiza, para analizar os problemas actuais da pesca, así como a influencia das novas leis da Comunidade Europea.
Contaremos coa participación de:


Alberto Castro García, secretario da Asociación de Armadores do cerco de Galicia (ACERGA), presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro e Secretario da Confraría de Pescadores de Sada.


Torcuato Teixeira, avogado especializado en temas do sector pesqueiro, onde posúe unha dilatada traxectoria de xestión e análise. Foi patrón maior da Coruña entre 1998 e 2003. Actual responsable da Área Xuridica da Federación Nacional Confrarías de Pescadores, pertence ao Consello de Administración da Lonxa coruñesa.


Consuelo Bautista, xornalista, xefa de informativos de Radio Coruña- Cadena SER.

É necesario inscribirse previamente para participar como público. Podes facelo na seguinte ligazón https://www.acalexandreboveda.gal/events/a-situacion-da-pesca-na-galiza/

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *