O Día das Letras Galegas de 1980

Os actos ao redor deste día, foran organizados pola Asociación de Cine Castelao na Praza de San Roque o sábado 17 de maio de 1980, que os describía da seguinte maneira:

Na súa teima por recuperfa-la cultura galega, a Asociación de Cine Castelao tamén quixo poñe-lo seu graniño de area na celebración das Letras Galegas. O 17 de maio de 1980, tivo lugar en Sada un festival no que pafrticiparon homes da literatura e da música, como Fuxan os Ventos, Manolo Rivas, Xavier Seoane, Francisco Taxes, Benedicto, Bibiano e o Grupo Eiros.

Un dos centros de atención do primeiro Día das Letras Galegas, que se celebraba en Sada, foron as casetas que se instalaron para alberga-los libros. Unha celebración para un día de engradecemento da cultura galega, pois como dixo Castelao “a variaedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores ós animais”

Durante a xornada festiva de celebración das Letras Galegas tiveron lugar lecturas de poemas e relatos na voz de grandes escritores como Xavier Seoane, Francisco Taxes e Manolo Rivas, que aunaron o seu entusiasmo para ler ante todo o pobo de Sada as frases máis elexidas da literatura galega. Mentres tanto a música sonaba dando todo o encanto posible a esta xornada festiva.

Xavier Seoane, Manolo Rivas e Francisco Taxes no escenario na Praza de San Roque

Este ano de 1980 o Día das Letras Galegas estivo adicado a Alfonso X, o Sabio (1221-1284), pero a celebración desta data foi instaurada en 1963 pola Real Academia Galega, a proposta de Francisco Fernández del Riego, para conmemora-lo centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a quen lle adicaron o primeiro Día das Letras Galegas. O segundo foi adicado a Alfonso Daniel R. Castelao.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *