20 anos sen rúas franquistas en Sada

Neste ano cumpriranse 2 décadas desde que a Corporación municipal sadense que presidiu Abel López Soto, retirase a Avenida Generalisimo Franco (recuperando o nome de Avenida da Mariña), General Sanjurjo (rúa da Estrela), praza Jose Antonio (Praciña do Conde), General Mola (Xosé Monzo), Calvo Sotelo (Alcalde Fernández Pita) e General Aranda (Cortaduría).

Os cambios no rueiro sadense foron pioneros na comarca da Coruña, xa que foron adoptados con anterioridade á que sería coñecida como “Lei de Memoria Histórica”. A decisión, tomada nun pleno extraordinario celebrado en setembro de 2003, contou coa oposición do grupo do Partido Popular, con argumentos que transcurridos 20 anos desde a súa aprobación, sorprenden pola falta do sentido democrático mais básico. Entre eses argumentos, o feito de que o cambio provocaría a perda de cartas.

Con motivo do cambio do rueiro sadense, o concello celebrara diferentes actos en defensa da memoria histórica. O primeiro deles, un acto na SCRD de Sada coa presenza dos hoxe xa desaparecidos Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas, xunto a quen era nese momento concelleira de Cultura (Ximena Campos) e alcalde de Sada (Abel López Soto). A ese acto pertecen as seguintes imaxes:

Con motivo do cambio do rueiro, o concello celebrou un acto con motivo da instalación da primeira das placas (deseño de Isaac Díaz Pardo). A rúa escollida foi a da Avenida da Mariña que recuperaba a denominación histórica, pasando a historia o nome de Generalisimo Franco.

Neste acto interviron dous familiares de persoas que padeceron a represión franquista, en concreto José Gerpe e Jesús Castro, xunto ao entron alcalde de Sada, Abel López Soto. Este acto celebrouse o sábado 15 de novembro de 2003.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *