Este vindeiro venres 10 de marzo proxectaremos o video “Camarada Fraga, memoria dun franquista” que eleborou o Grupo de Traballo de Simboloxía Antifranquista que forma parte da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
Para coñecer a versión completa dunha persoa precisamos coñecer a súa cara B. E iso precisamente é o que tentaremos coñecer da figura de Manuel Fraga Iribarne. A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña convidamovos a ver o ducumental
O video foi guionizado por Manuel Monge González e a producción estivo a cargo de Daniel Carballada e será proxectado este venres a partir das 20:00 horas na Capela de San Roque de Sada. Ao remate haberá unha charla coloquio sobre a figura do exministro franquista.