Presentación de “Pousos de natureza”

Este vindeiro xoves 30 de marzo, ás 20.00 h, Ricardo Seixo presenta a súa obra Pousos de natureza. O acto terá lugar na capela de San Roque de Sada.

Pousos de natureza, que acaba de publicarse en edición de autor, con deseño e ilustracións de Abraham Vila, é o sexto libro de poemas de Ricardo Seixo, quen, ademais de poeta, docente, compositor e intérprete musical, formou parte nos anos 70 do século pasado do mítico grupo musical Verbas Xeitosas.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *